15/04/23

15 abril: día da arte

 O ARTE É VIDA


        O 15 de abril foi a data seleccionada para celebrar o día internacional da Arte, coincidindo co nacemento dun dos artismas máis infuíntes da historia: Leonardo da Vinci. Con el, búscase concienciar da súa importancia e da influencia que ten o pensamento creativo nas vidas das persoas. Ademais, a arte é unha forma de expresión que nos axuda a sentirnos mellor, entre outras causas, porque fortale a nosa autoestima, reduce os niveis de estrés e ansiedade, potencia a memoria, mellor a concentración e axuda a coordinación

        Para celebrar este día, recomendamos aunar dúas das nosas pasiones: arte e literatura coas seguintes obras de Carlos del Amor, O autor fai unha selección persoal de cadros importantes para el e ofrécenos tanto datos curisosos como unha historia inventada sobre cada un deles:


11/04/23

Lectura e familias (abril)

 LECTURA E FAMILIAS


A biblioteca organizará ata final de curso unha serie de xornadas para fomentar a lectura de toda a unidade familiar que se inclúen dentro do programa da consellería de Educación “Lectura e familias”.

Nas últimas semanas de abril, disfrutaremos das seguintes charlas na biblioteca do noso centro a partir das 18:30 horas:

  • Martes 18 de abril: Entender o manga: Introdución e orientacións para toda a familia.




Para poder comprender os diferentes tipos de manga que existen e poder seleccionar con criterio as nosas lecturas entre a enorme variedade que ofrece o mercado, conversaremos con Lara Portela, librera especializada na materia e que compartirá con nós nocións básicas para poder apreciar este mundo literario propio da cultura xaponesa que está vivindo un auténtico boom na actualidade.



  • Martes 25 de abril: Aproximación ao mundo do cómic/banda deseñada. Outra forma de potenciar a lectura.




Nesta ocasión, exploraremos as inmensas posibilidades que ten a banda deseñada para poder acercar a lectura á adolescencia, unha xeración eminentemente visual. Para iso, contaremos co Toño Vilaverde, voz experta en cómic europeo e americano, quen ofrecerá estratexias varias para poder atopar a banda deseñada adecuada para cada lector.

Desde a Biblioteca, esperamos que esteades interesados e vos inscribades no seguinte formulario


      



Esopías feria matemática

APOIA AS NOSAS ESOPÍAS 

       Estamos de noraboa porque seleccionaron varias esopías do noso alumnado para participar no concurso da feria matemática que se celebrará o 15 de abril. Parabéns aos seleccionados e moita sorte.



        Se queredes apoialos, podedes votar aquí  


10/04/23

Concurso do día do libro

 CONSURSO DÍA DO LIBRO

        Para toda persoa que lle gusta ler, o 23 de abril é unha data moi especial. Por iso, animamos a todo o alumnado a participar no concurso de Bookface. Só tedes que facer unha fotografía na que a túa cara (ou calquera parte do teu corpo) fúndase coa cuberta dun libro. Na biblioteca temos moitos libros que podes escoller para a foto, pero tamén serve calquera que teñas casa. Cando xa teñades as fotografías, tedes que mandalas ao correo da biblioteca antes do 23 de abril, indicando nome, apelidos e curso.  

06/04/23

O principiño: 80 anos

 O principiño cumple anos

        
        Hoxe é un día moi especial porque este clásico da literatura universal cumple anos. O 6 de abril de 1943 a editorial Reynal & Hitchcock publicou por primeira vez O principiño, a  fábula atemporal do escritor e piloto Antoine de Saint-Exupéry, quen faleceu nun accidente de aviación un ano e pouco despois, en xullo do 44, sen ser consciente da fama que lle ía a proporcionar esta obra.

        Estas son as páxinas interiores desa primeira edición:


         Na biblioteca temos exemplares en diferentes idiomas para que os levedes para casa e podades disfrutar coa súa lectura. Tamén está a vosa disposición a adaptación cinematográfica:

          

        Os integrantes do club de lectura O bosque animado, tras a lectura da obra, realizaron marcapáxinas inspirados nesta marabillosa obra e incluíron citas do mesmo que quedarán sempre na súa memoria. O resultado é precioso: