30/10/23

Samaín listo

 XA ESTAMOS LISTOS PARA O SAMAÍN!

     Ao igual que no resto do centro, na biblioteca xa o temos todo listo para celebrar o Samaín. Mañá será un día cheo de sorpresas terroríficas en diferentes recunchos do centro. Estade atentos e acercádevos nos recreos para descubrir o que temos preparado da biblioteca.


    
      Ademais, xa podedes ver algunhas das nosas recomendacións terroríficas no panel do corredor. Podedes levalas para casa e así quentar motores para mañá.


27/10/23

Formación novos usuarios

 COÑECENDO A BIBLIOTECA

      Esta semana remataron as visitas á biblioteca do novo alumnado que se incorporou este curso. Tras a explicación do seu funcionamento, os alumnos repartidos en diferentes grupos tiveron que aplicalas nunha xincana que lle preparou o equipo da biblioteca. Houbo diversión, sorpresas e libros mil.

25/10/23

24 outubro: día das bibliotecas

 CELEBRAMOS O NOSO DÍA


      O 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas para non esquecer o día no que a Biblioteca Nacional de Saraxevo foi destruída durante o conflicto bélico dos Balcáns. Como equipo e usuarios das bibliotecas escorales e municipais, estamos moi orgullosos da comunidade que estamos a tecer.

          Non se nos ocorre mellor maneira de celebrarlo que en boa compañía e rodeados de libros. Os integrantes do club de literatura comparada aproveitaron ademais para asesorarnos na compra de novidades tanto en galego como en castelán (que estarán dispoñibles en breves para empréstito)

            Ademais, hoxe inaguramos o Recuncho Familiar. O ano pasado xa comezaramos a destacar lecturas para toda a familia mediante as nosas mochilas viaxeiras, pero este ano conta cun espazo permanente dentro da nosa biblioteca. Nesta nova sección, mensualmente faremos unha selección de lecturas de toda índole que se acheguen aos intereses de todos os membros e que podan compartilos coa familia. 

             Neste mes, seleccionamos lecturas moi variadas, como a epopea Azucre de Bibliana Candia , a banda deseñada Miguel en Cervantes. el retablo de las maravillas de Miguelanxo Prado e David Rubín, o libro de arte con pingas literarias Emocionarte de Carlos del Amor, ou a novela de ciencia ficción Guía del autoestopista galáctico de Douglas Adams, entre outros. Non obstante, podedes vir á biblioteca para descubrir moitas máis lecturas que están no voso recuncho para gozalas en familia :


24/10/23

Urxente

 ADIADAS AS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA


        As actividades que estaban programadas na biblioteca no día de hoxe quedan adidas pola folga de docentes.  As actividades para conmemoración do día das Bibliotecas a partir do mércores 25 de outubro. Ademais, o consurso sobre o cambio climático terá lugar o luns 30 de outubro nos recreos.
 

23/10/23

Novidades lectoras outubro

 

        No mes de outubro, noso catálogo temos moitas novidades. Fixemos unha escolma de novos mangas, bandas deseñadas e novelas de ciencia ficción para que podades levar para casa e explorar novos mundos.

          Esperamos que vos gusten 😊 Ademais, lembramosvos que se tedes algunha suxestión podedes deixala no noso buzón.