25/10/23

24 outubro: día das bibliotecas

 CELEBRAMOS O NOSO DÍA


      O 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas para non esquecer o día no que a Biblioteca Nacional de Saraxevo foi destruída durante o conflicto bélico dos Balcáns. Como equipo e usuarios das bibliotecas escorales e municipais, estamos moi orgullosos da comunidade que estamos a tecer.

          Non se nos ocorre mellor maneira de celebrarlo que en boa compañía e rodeados de libros. Os integrantes do club de literatura comparada aproveitaron ademais para asesorarnos na compra de novidades tanto en galego como en castelán (que estarán dispoñibles en breves para empréstito)

            Ademais, hoxe inaguramos o Recuncho Familiar. O ano pasado xa comezaramos a destacar lecturas para toda a familia mediante as nosas mochilas viaxeiras, pero este ano conta cun espazo permanente dentro da nosa biblioteca. Nesta nova sección, mensualmente faremos unha selección de lecturas de toda índole que se acheguen aos intereses de todos os membros e que podan compartilos coa familia. 

             Neste mes, seleccionamos lecturas moi variadas, como a epopea Azucre de Bibliana Candia , a banda deseñada Miguel en Cervantes. el retablo de las maravillas de Miguelanxo Prado e David Rubín, o libro de arte con pingas literarias Emocionarte de Carlos del Amor, ou a novela de ciencia ficción Guía del autoestopista galáctico de Douglas Adams, entre outros. Non obstante, podedes vir á biblioteca para descubrir moitas máis lecturas que están no voso recuncho para gozalas en familia :


Ningún comentario: