09/10/23

club de xadrez

 ÚNETE AO CLUB DE XADREZ!




        Unha das novidades deste ano é a creación dun club de xadrez. Este proxecto está aberto a todo o mundo pois buscamos aunar a nosa pasión polos libros co xadrez e poñer en práctica todas as xogadas que se recollen nas páxinas de Fundamentos del ajedrez  e La biblia del ajedrecista. Ademais, buscamos poder disfrutar de todas as vantaxas deste deporte: mellorar a capacidade de concentración, de planificación, de estratexia...

      Reunirémonos todos os mércores no segundo recreo na biblioteca a partir do 4 de novembro para poñer en práctica todo o lido.  Todo está listo para empezar. Só faltas ti😉. Pasa pola biblioteca antes do 1 de novembro para anotarte.  

04/10/23

Club ecléctico Bacharelato

O CLUB MIRA POLA FIESTRA VALDEIRA  

       No día de onte os membros do club ecléctico O bosque animado de 2º de Bacharelato volveron a reunirse despois do verán para centrarse na primeira lectura deste curso: A fiestra Valdeira de Rafael Dieste. Nesata xutanza na hora de comer non só debatiron sobre a súa simboloxía e compartiron impresións sobre a trama e os personaxes, senón que tamén se animaron a dramatizar as súas escenas favoritas. 

    Encántanos empregar o espazo da biblioteca para compartir o pracer da lectura. Continuamos tecendo comunidade.

02/10/23

Horario dos nosos clubs

OS CLUBS XA ESTÁN EN MARCHA!

      Despois de moitas voltas para encaixar todos os clubes e que podades formar parte de todos os que querades, xa temos o horario de todos eles.

      Os coordinadores de cada club avisará aos integrantes das do calendario das reunións.
      Moitas gracias por tecer comunidade a través da lectura.

29/09/23

Novidades lectoras setembro

        Pasa pola biblioteca para coñecer as novidades de setembro. Preparamos un panel con algunhas delas, pero hai moitas máis dentro da biblioteca. Entra e pregunta.

        Ademais, se non atopas o que buscas podes deixar a túa suxestión no noso buzón. 

28/09/23

Hora de ler

 RETOMAMOS OS BOS COSTUMES.      TOD@ A LER!

       
          Xa está de volta a hora de ler incluída no Plan Lector do noso instituto. Con ela, retomamos un ano máis costumes que nos permiten desfrutar da lectura todas as semanas nas aulas. Iniciamos este costume o luns a primeria hora. Ademais de ter xa anotados nos tablóns das clases as datas deste cruso, podedes conssultar o seguinte calendario onde aparece sinaladas as horas nas que se levará a cabo a hora de les en cada mes de curso 2023/2024:


           Xa podedes anotar nas vosas axendas o día que tedes que traer as vosas lecturas en papel. Tamén podedes telas seleccionadas no voso ordenador grazas á Plataforma ELBE 2. Se non sabesdes como se emprega, non tedes máis que seguir as seguintes instrucións.


            Ademais, por se alún de vós esquece o libro ou precisa de asesoramento, cada grupo disporá dunha caiza con suxestións lectoras de todo tipo que foron escollidas con moito mimos polos membros da biblioteca e que se renovará cada un dos trimestres.