MES DA CIENCIA EN GALEGO
Ao longo de novembro realizaremos actividades no centro para celebrar o mes da ciencia en galego.
Para ir abrindo boca, xa temos montado o panel con suxestións científicas na entrada da biblioteca.
Ao longo de novembro realizaremos actividades no centro para celebrar o mes da ciencia en galego.
Para ir abrindo boca, xa temos montado o panel con suxestións científicas na entrada da biblioteca.
COÑECENDO A BIBLIOTECA
Esta semana remataron as visitas á biblioteca do novo alumnado que se incorporou este curso. Tras a explicación do seu funcionamento, @s estudantes repartidos en diferentes grupos tiveron que aplicalo nunha xincana que lle preparou o equipo da biblioteca.
Un ano máis os clubes de lectura queren forma parte da túa vida. Entre a variedade de clubes que propoñemos este curso desde a Biblioteca, seguro que atopas algún do que queiras formar parte:
o Clubes de manga: dirixido ao alumnado da ESO e BACH e coordinado por Estefanía Fernández (profesora de Xeografía e Historia).
o Clubes de literatura histórica e fantástica: dirixido ao alumnado da ESO e BACH e coordinado por Míkel Iríbar (profesor de Xeografía e Historia).
o Clube LGTBIQ+: dirixido ao alumnado de ESO e BACH e coordinado por Estefanía Fernández (profesora de Xeografía e Historia).
o Clube de adult@s: dirixido ás nais e pais do alumnado do centro e ao profesorado. Será coordinado por Estefanía Fernández (profesora de Xeografía e Historia).
o Clube de lectura en inglés: dirixido ao alumnado ao alumnado de ESO e BACH, coordinado por Alejandro Campos (asistente en ligua estranxeira inglesa).
Animádevos e apuntádevos na biblioteca do centro durante calquera dos recreos. Estamos desexando contar con vós nestas actividades.
Tamén podedes mandar un correo da biblioteca indicando nome, apelidos, curso e clube no que estás interesado en participar.
Animádevos tamén co Club de xadrez.
Este ano a Biblioteca Nacional de España celebra a novena edición do Día das Escritoras baixo o lema "A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural". Non hai mellor forma de celebralo que lendo a autoras de todas as épocas, todos os xéneros e todos os estilos.
Este ano decidimos engadir diferentes exemplares da editorial Anaya-Xerais como novas propostas.
Ademais, no noso catálogo podes consultar a lista recomendacións en feminino na que se recollen escritoras que esperamos que vos gusten.
Xa está de volta a hora de ler incluída no Plan de Lectura do noso instituto. Con ela, retomamos un ano máis costumes que nos permiten disfrutar da lectura todas as semanas nas aulas. Iniciamos este costume o luns a primeira hora. Ademais de ter xa anotados nos tablóns das clases as datas deste curso, podedes consultar o seguinte calendario onde aparecen sinaladas as horas nas que se levará a cabo en cada mes de curso 2024/2025:
Xa podedes anotar nas vosas axendas o día que tedes que traer as vosas lecturas en papel. Tamén podedes telas seleccionadas no voso ordenador grazas á Plataforma ELBE 2. Se non sabedes como se emprega, non tedes máis que seguir as seguintes instrucións.
Ademais, por se algún de vós esquece o libro ou precisa de asesoramento, cada grupo disporá dunha caixa con suxestións lectoras de todo tipo que foron escollidas con moito mimo polo equipo da biblioteca.