01/11/24

Concurso fotográfico 25N

 CONCURSO FOTOGRÁFICO 25N

     
Outro ano máis regresa o noso concurso. Anímate a participar.


 



Samaín 2024

 

SAMAÍN 2024

De novo puidemos achegarnos ao medo e as tradicións do Samaín ao longo de todo o centro. Así quedou a nosa biblioteca grazas á colaboración do alumnado de 4ESO D:



Como todos os anos, apareceu no vestíbulo do centro o Camposanto no que se colocaron todas as lápidas que participaron no concurso organizado polo equipo de Normalización Lingüística, que tivo gran acollida.

Tamén, volveu a percorrer a Santa Compaña as clases e os corredores do noso centro en busca de almas perdidas que foran con ela ata o Alén. 

Ademais, Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua galega organizaron outra edición de portas terroríficas. O alumnado de 1º e 2º da ESO decoraron as portas das súas clases con lendas galegas tradicionais como o home peixe, Maricastaña, a tía Xoana ou Santa Compaña.

O alumnado de 2BACH gravou podcast sobre lendas misteriosas da cultura tradicional galega. 
    Se queredes continuar co Samaín pola vosa conta, ademais das lecturas que vos propoñemos, podedes consultar no noso catálogo a lista de recomendacións terroríficas. 

    31/10/24

    Celebrando o mes da ciencia en galego

     

    MES DA CIENCIA EN GALEGO  

    Ao longo de novembro realizaremos actividades no centro para celebrar o mes da ciencia en galego. 


    Para ir abrindo boca, xa temos montado o panel con suxestións científicas na entrada da biblioteca.

    Ademais, podedes consultar a lista de recomendacións científicas que se recollen no catálogo online da biblioteca.

    Comezaremos o próximo luns cos retos científicos preparados polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía. Animádevos a participar.



         

    24/10/24

    Formación nov@s usuari@s

    COÑECENDO A BIBLIOTECA

    Esta semana remataron as visitas á biblioteca do novo alumnado que se incorporou este curso. Tras a explicación do seu funcionamento, @s estudantes repartidos en diferentes grupos tiveron que aplicalo nunha xincana que lle preparou o equipo da biblioteca.



    21/10/24

    Volven os clubes de lectura

     

     Estamos de volta!



    Un ano máis os clubes de lectura queren forma parte da túa vida. Entre a variedade de clubes que propoñemos este curso desde a Biblioteca, seguro que atopas algún do que queiras formar parte: 

    o  Clubes de manga: dirixido ao alumnado da ESO e BACH e coordinado por  Estefanía Fernández (profesora de Xeografía e Historia).

    o   Clubes de literatura histórica e fantástica: dirixido ao alumnado da ESO e BACH e coordinado por Míkel Iríbar (profesor de Xeografía e Historia).

    o    Clube LGTBIQ+: dirixido ao alumnado de ESO e BACH e coordinado por Estefanía Fernández (profesora de Xeografía e Historia).

    o    Clube de adult@s: dirixido ás nais e pais do alumnado do centro e ao profesorado. Será coordinado por Estefanía Fernández (profesora de Xeografía e Historia).

    o  Clube de lectura en inglés: dirixido ao alumnado ao alumnado de ESO e BACH, coordinado por Alejandro Campos (asistente en ligua estranxeira inglesa).

    Animádevos e apuntádevos na biblioteca do centro durante calquera dos recreos. Estamos desexando contar con vós nestas actividades.

    Tamén podedes mandar un correo da biblioteca indicando nome, apelidos, curso e clube no que estás interesado en participar.

    Animádevos tamén co Club de xadrez.


    E tamén a colaborar connosco na biblioteca dentro do programa de voluntariado,