24/10/08

A muller que matou a Harry Potter: SIMPATÍA PARA O VAMPIRO

Stephanie Meyer paseando en traxe de diario...

"De tres cosas estoy segura: Primera,
Edward es un vampiro. Segunda,
una parte de él se muere por beber mi sangre. Y
tercera, estoy perdidamente enamorada de él."
(Bella, en Crepúsculo)


Chega por fin a SAGA DE "CREPÚSCULO" á nosa biblioteca: amor apaixoado, aventuras, intriga, toques sobrenaturais, xénero gótico... ¡Bye, bye, Harry Potter!, ¡so long, variña máxica!, ¡farewell, vasoira voadora! Os meigos perden; vampiros e homes-lobo... ARRASAN.
A nova escritora estadounidense Stephanie Meyer (Arizona, 1973), inspirada por un sono, cun bebé no colo e tres nenos pequenos en total ao seu cargo (¿non recorda isto á Rowling do comezo?), escribe á velocidade do raio a súa novela Crepúsculo (2005), que inmediatamente salta ao número un nas listas en EE UU, lugar do que non se baixa tampouco coas que seguen. Luna nueva (2006), Eclipse (2007) e Amanecer (Outubro do 2008), desprazando ao pobre Potter á segunda división (R.I.P.).

Bella é unha moza que chega a un lugar do Estado de Washington (Oeste dos EE UU'), o peor sitio do mundo, ou iso parece... Ata que coñece a Edward Cullen, misterioso, seductor e... vampiro. Xorde o amor apaixoado..., pero ao tempo el desexa beber ,,, o sangue de Bella... A cousa complicarase na segunda entrega, Luna nueva, cando o amigo de Bella, Jacob Black, non se conforma só coa mera amizade, e, por se fora pouco, resulta ser... licántropo (traducción simultánea: home-lobo), e é que Stephanie Meyer non perde o tempo. Da tropa de vampiros neófitos da terceira
parte, mellor falamos noutra ocasión, porque da un pouco de medo e a tinta non da hoxe para tanto.

Fans: Blogs de fans da serie aparecen por todas partes na rede, incluído o Sitio Oficial da autora mesma, como non; bandas de rock interpretan temas da saga, fans comprometidos con ambicións literarias escriben relatos cos personaxes da serie de Meyer e logo colgan eses relatos en Internet; os disfraces non faltan tampouco; se a autora comprométese a ir a determinada librería, fans de mil sitios
aparecen no evento; e así...

A saga en cifras: Premios por doquier; das tres primeiras entregas, máis de cinco millóns de copias soamente nos Estados Unidos; cento corenta e tres semanas nas listas do New York Times; centos de miles de fans...
O futuro da saga: Stephanie Meyer, talvez por gusto, talvez por amor aos seus fans, está agora mesmo finalizando o quinto libro, Midnight Sun, que xa vai chegando con polémica: doce capítulos foron ilegalmente "filtrados" e colgados en Internet. Meyer estivo á altura das circunstancias e tomou a decisión de non retiralos de aí , por respecto aos fans da serie, dixo. ¿Acabará aí a aventura de Bella e os demais? ¿Non? ¿Si? ¿Talvez? A biblioteca deste IES permanecerá atenta e vixilante á espera de acontecementos: non perdas a pista deste blog...

Pero, ¿hai peli ou non hai peli?: ¡Pois claro!, como non. Parece ser que neste próximo mes de Decembro teremos todos o gusto de comer turrón coa versión cinematográfica desta saga, ou polo menos da primeira parte, ¿ou non é que Harry Potter tivo unha larga cadea delas?

Non deixes de incluír os teus comentarios sobre as obras de Stephanie Meyer aquí, se tes a bondade. Recorda que o blog é de todos e a vida dun blog depende en gran medida dos comentarios e diálogos -e polémicas- que xera...

Boa caza.

7 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Despois de ler esta entrada dan gañas, realmente de porse a les estes libros. Reservádeme o pimeiro.

O Segrel do Penedo dijo...

CHAPEAU!!!!!
Bo exemplo de fomento da lectura, vaia que si.
Ninguén que lea esta fantástica recomendación quedará sen ler esta saga.
Por algo sodes "Os Sabios"...
Apertas dende Fene.

Oki dijo...

Na nosa biblioteca tamén están sendo emprestados dende que os mercamos fai uns días e mesmo temos un deles como libro do mes, asi que haberá que apuntarse á lista de espera para poder ler a saga.

Anónimo dijo...

¡¡Mi saga favorita!!

Si en un principio Harry Potter fue un fenómeno literario para los niños y adolescentes (y no tan pequeños también)esta vez es la saga de Crepúsculo la que, con una trama más adulta consigue enganchar a miles de adolescentes (en su mayoría chicas jaja) a las aventuras de Bella y el perfecto vampiro Edward.

Este libro lo conocí gracias a una amiga que no paraba de hablarme de ellos, cual fue mi sorpresa que cuando me decidí a comprar el primero, estaba en la libreria entre los mas vendidos pisandole los talones a la última entrega de Harry Potter. El libro me enganchó tanto q en pocos dias lo acabé, lo mismo pasó con Luna Nueva, Eclipse y finalmente Amanecer, q no me pude resistir y acabé leyendolo en inglés, y ahora releyendolo en español, suena a obsesion jajaja pero es que son geniales. Que por cierto, este ultimo libro cuando salió a la venta el 8 de este mes acudí aqui en Coruña a la presentación, había muchísima gente y nos pusieron un video de una media hora hablando de la saga, la película y su repercusión, fue genial y conocí a mucha gente, lástima que en mi clase nadie leyese los libros.

¡Y la peli ya en nada está en los cines! ¡Ya están puestos los carteles y posters! Y estos dias tendremos mucha informacion de Crepúsculo en los medios ya que varios de los actores están en España esta semana ^__^

¡Muchas gracias por traer esta maravillosa obra a la biblioteca del instituto!

K.V.

Bibliafonso dijo...

Gracias a ti, K.: eses libros están na biblioteca gracias a ti. ¡E gracias tamén polo teu comentario! ;-)
Un saúdo...

biblioboveda dijo...

Realmente tendes toda a razón. Crepúsculo foi un dos libros máis solicitados como premio na nosa biblio no curso pasado. Agora que temos toda a saga tivemos que prestalos no mesmo día que chegaron. Se mo permitides, vou facer un enlace á vosa magnífica reseña nos nosos blogs.

Bibliafonso dijo...

Por suposto, Beni, podes facer o que queiras co noso blog.