Stieg Larsson. Los hombres que no amaban a las mujeres. Millennium I. Destino, 2008.
A novela revelación deste verán. Xa leva vendidos máis dun millón de exemplares en Europa. O seu autor, Stieg Larsson, morreu antes de ver publicada esta obra, primeira da triloxía Millennium.
Pura novela negra: corrupción económica, periodistas e investigadora privada, secuestro, desaparición, asasinato? Os conflitos de familia, perversións sexuais, trampas financeiras, violencia e as relacións persoais entre dous grandes personaxes literarios.
Agardamos con impaciencia a publicación das dúas novas obras do mesmo autor:
La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina.
La reina en el palacio de las corrientes de aire.
2 comentarios:
Esta novela e unha das elixidas polo club de lectura de pais, nais e profes. De feito quedou en primeiro lugar, tod@s queren lelo, así que xa vos contaremos.
Apertas dende Fene
Xustamente esta semana unha profe recomendoume este libro. E será o próximo que lea...
Isto da publicidade é o que ten...
Publicar un comentario