19/10/08

II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia


Os pasados 17 e 18 de outubro, a nosa biblioteca tivo a oportunidade de compartir, xunto con case mil docentes de toda Galicia, os II ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES en Santiago.

Foron dous días intensos de traballo pero moi proveitosos xa que coñecemos á admirada, desde hai máis dunha ducia de anos, Isabel Solé; con Pepe García Guerrero reforzámonos no concepto de Biblioteca Escolar e con Antonio Basanta seguimos comprobando a paixón que a lectura desperta nalgunhas persoas.

Ademais diso, nestes dous días coñecemos as experiencias de moitos centros educativos como do IES Lila de Tenerife, do IES Alexandre Bóveda de Vigo ou o San Francisco Xavier da Coruña. Tamén podemos amosar parte do traballo que se realiza no “Bosque Animado” a outros compañeiros e compañeiras.
Igualmente tivemos a posibilidade de dar a coñercer a AGABEL, a Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura.

E para rematar eses dous días, rimos, rimos e rimos.


Máis información en Blogfesquio, O segrel do Penedo.

Máis fotos en: A nosa biblioteca.

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Os nosos parabéns pola magnífica exposición da vosa experiencia. "O Bosque Animado" non podía estar mellor representado.

Só un pero... falta a reportaxe gráfica do Sr. Presidente "dando a coñecer" AGABEL.
Máis non vos impacientedes, todo chegará.

Apertas dende Fene!!!

Biblioafonso dixo...

Moitas grazas polos vosos agarimosos comentarios. Xa sabedes que O Segrel é un dos nosos referentes.