“... Por iso deben ser hoxe as bibliotecas, da máis grande á máis cativa: unidades de universalidade, hábitats integradores, con funcións tamén de filmoteca, discoteca, e nódulo e punto de encontro no ciberespazo.
(...) Se ler é hoxe, neste tempo de arañeira de consumo, é de seu un acto de resistencia, a biblioteca emerxe como un espazo de resistencia.
(...) Hai que transformar a imaxinación en realidades. Por iso é tan importante o hábitat do libro; é o espazo onde se exerce o máis necesario dos dereitos, o dereito a imaxinar.
Manuel Rivas. Por que somos os penúltimos? El País, 30-III-07
3 comentarios:
Benvidos á blogosfera. Botabámosvos en falta aos que sempre estades aí, aos que sentides e vivides as bibliotecas como lugares de encontro. Pero que vou a dicir eu se estou nesta historia das bibliotecas por Toño!!
Unha aperta a ese equipo da biblioteca, todo o mellor!!
Parabéns polo traballo ben feito. Xa estades a formar parte da nosa blogosfera particular.
Unha aperta
Moitos saúdos Toño e demais peña. Unha parada obligada máis para seguir aprendendo.
Publicar un comentario