09/05/08

Cumprimos un ano!!!

Parece imposible. Biblioafonso xa ten ou o seu primeiro ano. Semella que foi aínda onte cando Antonio Alonso trataba de convencernos e explicarnos para que servían os blogs e como facelos. Grazas á xenerosidade de Loly Lago, varios docentes do IES Afonso X Sabio puidemos acudir a unha (logo sería catro) xornada de formación no IES de Fene. E desde entón ... sen parar.

Novidades, cambios no mobiliario, exposicións, guías de lectura, concursos, formación de usuarios e usuarias, educación documental, recomendacións de lectura, de películas, de música, de páxinas webs, música na biblioteca, actividades de formación para o equipo docente da biblioteca, compartir a nosa experiencia con outros centros que visitaron o noso, traballos colaborativos, clubs de lectura...

E todo co obxectivo de “enganchar” ao alumnado. Conseguímolo? Sabemos que a súa opinión, a dos que veñen pola biblioteca, é positiva. Pero estamos empezando. Hai moito traballo por facer tanto entre o profesorado, as familias e o alumnado.

E sempre xuntos neste camiño de aprendizaxe permanente, sempre compartindo e aprendendo cos outros blogs da bibliotecas escolares galegas e con outros blogs persoais e colectivos que tamén abordan o tema da lectura. O mellor deste camiño é o de facelo xuntos.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Noraboa por este ano tan productivo e tan marabilloso. Grazas por compartir e por estar sempre presentes nun traballo diario impecable e fantástico

O Segrel do Penedo dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
O Segrel do Penedo dixo...

Dende O Segrel do Penedo, desexámoslle a Biblioafonso que cumpla moitos, moitos máis, e que segamos a facer xuntos esta fantástica andaina!!!
Bicos!!!!

Sira González Rodríguez dixo...

Felicidades!!!

aquí teneis a una fiel seguidora de vuestro trabajo. espero que algún día yo también pueda trabajar en una biblioteca escolar.

Biblioafonso dixo...

Moitas grazas. Xa sabedes deu Biblioarzúa e O Segrel do Penedo son uns modelos que tratamos de imitar.
Grazas Sira. Xa sabes que esta biblioteca tamén é a túa casa