Desde hai xa quince anos os dous IES do Cambre, en colaboración coa área de Cultura do Concello, organizamos un certame literario para a xente nova de todo o país.
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, O Equipo de Normalización Lingüística do noso IES foi o encargado, como cada dous anos, da organización do certame. Deste xeito a finais de maio foron entregados os premios, contado coa presenza da Concelleira de Cultura, Arita Prado, e de Celso Álvarez Cácamo, escritor, sociolingüística, profesor de filoloxía da Universidade da Coruña e fillo de Xosé María Álvarez Blázquez.
O fermoso acto da entrega de premios contou coa colaboración do profesorado de música e dos dous alumnos que nos agasallaron con senllas pezas musicais.
1 comentario:
Parabéns @s premiad@s e á organización desta fermosa actividade na que o traballo colaborativo en prol do fomento da lectura e a escritura están a dar tan bos froitos.
Apertas dende Fene
Publicar un comentario