28/06/08

Xornadas dos Clubs de Lectura


O pasado 25 de xuño, o club de Lectura "O bosque animado" do noso IES asistiu ás Xornadas dos Clubs de Lectura organizada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares e celebrada en Santiago de Compostela. Foi un día para a prender, para compartir, para debater e para rir. Si, tamén para rir porque tras unhas intensas horas formativas, Pep Bruno amosounos como a promoción lectora (libro, libro, libro) tamén pode ser divertida, moi divertida.

A xornada principiou con Blanca Calvo, mestra de moito e de moit@s, mestra en clubs de lectura e en promoción lectora. Ao longo do día oito compañeiras e compañeiros amosáronos as súas experiencias nos/cos seus clubs de lectura, experiencias apaixonantes, intensas e emocionantes (parabéns Bea, Begoña, Beni, Enrique, Loly...)

O noso club de lectura "O bosque animado" tamén tivo unha pequena intervención para contar a nosa descentralizada experiencia de oito pequenos clubs temáticos. O Segrel do Penedo comparte unha estupenda selección de fotos deste día.

Coma sempre, todo o que fai a Asesoría de Biblioteca Escolares estivo perfecto: ambiente, participación, horario, organización.

1 comentario:

O Segrel do Penedo dixo...

Grazas pola referencia, pero... que sería de nós sen a posibilidade de compartir, de colaborar, de rir xuntos...?
Bicos e feliz verán, que falta fai este descansiño!!