28/02/09

Colaboracións do alumnado: A Triloxía de Idhún


"Estes libro gustáronme.

Son uns libros de aventuras que amosan sentimentos coma os ciumes, o amor, a amizade.

Nestes volumes ves como os protagonistas son arrancados da súa mocidade para algo que eles non escolleron.

É unha historia apaixoante con partes aburridas como calquera outro libro.

Ao final terás gañas de que a autora continuara a historia mais desafortunadamente negouse en redondo polo que terás que imaxinarte a seguinte aventura."

Desiré Muñoz

Desde a Biblioteca agradecemos o traballo de Desiré e recomendámosvos a páxina web da autora Laura Gallego, así como outras das súas obras presentes nos nosos andeis.

Créditos da foto.

3 comentarios:

Loly dixo...

Estupenda suxestión a de Desiré, na nosa biblio, esta triloxía está moi solicitada, aínda que nada como a serie de Stephanie Meyer. As dúas coleccións dos catro títulos case non chegan!!!

Sira González Rodríguez dixo...

Por se vos interesa difundilo:

"Conferencia de Laura Gallego na Biblioteca Municipal Fórum. Encontro coa escritora de Memorias de Idhún o xoves 5 de marzo ás 6 da tarde.

Laura Gallego autora de Memorias de Idhún e La emperatriz de los etéreos encontrarase cos seus lectores nunha charla-coloquio informal para falar de literatura fantástica cos seus lectores e para coñecer a súa obra e a súa persoa en detalle: as súas inquietudes, proxectos, viaxes etc. A entrada é libre e está dirixido a todo tipo de público."

Un saúdo, Sira

Biblioafonso dixo...

Mitas grazas pola información, Sira.