23/04/09

Tintín regresou a casa


Tremenda ledicia ao ver no Bosque Animado as nosas figuras de Tintín e Milú que foran realizadas para unha exposición dos fondos en galego desta banda deseñada de Hergé.

Despois de dous anos de ausencia, de moitos quilómetros recorridos, de visitar outras dependencias educativas e cunha nova capa de pintura, regresou Tintín. Non sabemos recoñecerá a biblioteca co
mo a súa casa... houbo tantos cambios...

Sabemos que O Segrel do Penedo do IES de Fene, acolleuno con moito cariño, case tanto que quixo quedar con el, pero é que “Como na casa en ningún lado”.

Tamén estamos moi contentos por compartir, por ver como outros centros aproveitan o noso traballo.

Por fin Tintín e Milú regresaron a casa. Benvidos!!!



3 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

A verdade non é que quixéramos quedar con eles, é que non se daban decidido se ir ou quedar. Ao final primou a cordura e voltaron a Cambre non sen derramar algunha que outra bagoa, pero xa saben que aquí teñen a súa casa tamén e esperamos que nos fagan outra visita...

Biblioafonso dixo...

Fóra da casa... en ningún sitio mellor que en Fene.

Vilán dixo...

No noso blog tedes(aínda sabendo que probablemente algún dos mencionados xa teña o galardón)o agasallo de Blog Maneiro, con agradecemento para aqueles que van marcando camiño e tamén para os que están na 'batalla'.