18/04/09

Visitamos a Biblioteca Xabier P. Docampo


A rede municipal de bibliotecas do concello de Cambre é todo un exemplo do compromiso público pola lectura e o acceso gratuíto á información. Xa en Biblioafonso tivemos a oportunidade de entrevistar á súa directora, Ánxeles Roca.

Pois ben, aproveitando a proximidade da Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo, o alumnado de 1º da ESO A, dentro das actividades de Proxecto Interdisciplar que están centradas en dominar as técnicas de acceso á información, visitou esta biblioteca municipal ubicada na mesma urbanización do IES, A Barcala.

Grazas ás explicacións de Pilar, a directora desta biblioteca, o alumnado repasou a función da Clasificación Decimal Universal, dos rótulos nos lombos do libros e doutros documentos. Posteriormente, nos equipos informáticos fixeron prácticas de buscas no
OPAC e de localización dos fondos.

Foi unha experiencia curta pero moi positiva. Moitas grazas Pilar.

Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo
R/ Río Gándara, 6-baixo esquerda.
Urb. A Barcala-Cambre.
Teléfono: 981 665 236
Horario: De luns a venres, de 11:00 h a 13:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
Mércores de 16:00 h a 21:00 h.

Ningún comentario: