Unha das boas sorpresas das Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia do outubro pasado foi coñecer a Guadalupe Jover, docente de lingua e literatura nun centro de Madrid. Ademais doutras publicacións, Guadalupe é autora de Un mundo por leer. Educación, adolescentes y literatura. Octaedro-Rosa Sensat, 2007.
A idea do libro e, tras unha reflexión crítica sobre a situación actual do ensino da literatura nos centros de secundaria, ofrecer ferramentas que contribúan á educación literaria dos e das adolescentes. Para iso apunta tres grandes coordenadas que axudarían a enmarcar o debate sobre esta cuestión: hai máis libros alén dos programas escolares; hai que unir a lectura da palabra e a lectura do mundo; e temos que considerar o horizonte de expectativas en que se sitúan os adolescentes.
É un libro imprescindible para calquera persoa interesada no eido da lectura. Un traballo froito da experiencia e cos pes nas aulas. Un libro sinxelo ao tempo profundo, un libro crítico á vez que construtivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario