

Que música elixir para un momento tan especial? Pois a mín se me ocurren moitas. Hai tantas músicas na biblioteca das que non falei e tantas músicas que podería escoller que estou pensando en, se o mundo se fose a acabar en dez minutos, que obra de arte salvaría?.
No meu caso, hai tres pezas na biblioteca que eu escollería. Non importa a orde, e supoño que a escolla podería ter sido outra mais. Se non están todas as que son, si son todas as que están.
Por un lado eu escollería a Novena... a Novena de Beethoven (necesita do seu "apelido"?) Por desgracia non temos a mellor grabación, a de Furtwängler en Bayreuth en 1951 (a duración de esta grabación foi a que determinaría a duración dos soportes de CD nos anos oitenta, está enteira no youtube) o icono da mesma. Pero si hai unha mostra de esta peza a cal hai ben pouco tempo adicóuselle unha película enteira á súa construcción (Copying Beethoven, pódese ver enteira en youtube). Esta obra é destas cousas que, canto máis te adentras nelas, máis pracer obtés delas.
Cando Beethoven "construíu" esta obra pensaba facer dúas sinfonías, unha por un encargo que viña desde Londres e outra na que metería un coro. Era a súa obsesión, poder meter un coro con orquestra, algo inaudito. Algo que xa pensara cando compuxera a Sinfonía nº 3, a "Heroica", a que en realidade estaba dedicada a Napoleón, pero que cando este coroouse emperador, Beethoven, furiosamente tachou o verdadeiro nome da terceira sinfonía "Buonaparte" para ponerlle o de "Heroica"... pero isto non ven ao caso. O que ven ao caso é que Beethoven era un idealista, creía nunha humanidade en paz onde todo ser humano podería ser igual e onde todo podería entrar. Namorouse dun mediocre poema de Schiller, cargado de significado para Beethoven, e construíu para este poema un coro no cuarto movemento. Agora esta sección do cuarto movimento é o Himno da UE. Beethoven estaría encantado (supoño eu) de que sexa un himno que predica a unión dos países e a colaboración entre "irmáns".
Na biblioteca hai varias versións desta peza, unha pola Zagreb Philarmonic, outra pola Orquesta philarmonia e outra pola Pregue Festival Choir and Orchestra. Pero é irrelevante. O que é relevante é que se escoite, que collamos e cedamos un espazo da nosa vida para a Novena.
Por outro lado escollería o Requiem de Mozart. Esta obra si precisa do seu "creador" detrás do nome porque tamén hai, na historia da música outros requiems fantásticos e moi coñecidos (como o de Ligeti ou o de Verdi). Tamén o atoparedes na Biblioteca... e en moitas ocasións poderedes escoitar esta obra en concerto. Non o dubidedes nunca porque é unha experiencia máxica.
A última obra que eu (eu, eu, eu) escollería sería a Sinfonía Fantástica de Berlioz. Na biblioteca hai unha "fantástica" versión de Kubelik. Nesta peza fálase por primeira vez da "Idee fixe", da idea fixa que obsesiona a un autor, para que nos entendamos... unha melodía coa cal identificamos (e que logo daría lugar ao leitmotiv) sen querer a alguén... neste caso á vida dun namorado. Porque esta sinfonía ten unha historia, a historia dun home que acaba morrendo na guillotina e da súa volta á vida cunha misa de defuntos... Esta obra ten unha claridade tímbrica incríble, está chea de citas, está chea de romanticismo, xa que Berlioz estábase a declarar a súa amada na vida real. Esta obra é a miña terceira recomendación. Pero non só miña, a web está plagada de versións e de explicacións desta obra, para quen queira, sobre todo este gran blog astur.
E nada mais, creo, simplemente dicir que espero encontrarvos en moitos concertos... e darvos as grazas por un ano fantástico.
Colgadas do teito no corredor exterior da biblioteca estiveron ao longo do curso una serie de poesías. Os versos estaban escritos en grandes papeis con un fondo fotográfico e trataban de semellar follas dos árbores da nosa particular fraga, a Fraga da Poesía. Cada certo tempo eran sustituídas por outra quenda, como si se tratase de sucesivos outonos e primaveras.
A temática foi moi variada, pois atendía simplemente o gusto dos que as selecionaban. O mesmo pasaba cos autores, aínda que predominaban os do século XX tanto galegos como casteláns. Deste xeito toda a comunidade poido ver e ler máis de dúas ducias de fragmentos de Novoneyra, Machado, García Montero, Lorca, Celso Emilio, Rosalía... con tan só pasear polos arredores do noso Bosque Animado ou polo centro posto que colocáronse varias copias polos corredores.