08/12/21

10-D: Día dos Dereitos humanos

                                https://historiaycomic.files.wordpress.com/2014/09/libro-olympe-de-gouges.jpg

 

O vindeiro venres 10 de decembro conmemoramos o Día dos Dereitos Humanos. Tal día coma este, no ano 1948, a Asamblea Xeral da ONU proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.  Foi, tras os horrores vividos na II Guerra Mundial, cando viuse a necesidade de protexer os dereitos fundamentais das persoas no mundo enteiro. 

Este ano, no noso IES,  conmemoramos o Día dos Dereitos humanos a través da figura de Olimpia de Gouges.

Olimpia de Gouges tivo un papel sobresaínte durante a Revolución francesa. Redactou a Declaración dos Dereitos da Muller  e da Cidadá en 1791 seguindo o modelo da Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán dese mesmo ano, pero incluíndo á muller. 

Olimpia de Gouges considérase a primeira feminista da historia xa que no seu texto busca a igualdade de homes e mulleres. 

Olympe de Gouges, femme engagée, esprit libre

Cando casou, negouse a levar o apelido do seu home, Así mesmo, foi unha gran defensora da abolición da escravitude e mostrouse contraria á pena de morte. As súas ideas a levaron á guillotina durante o goberno de Robespierre e os xacobinos. 

Seguro que vos resulta interesante ler a novela gráfica de Catel e Boquet que recrea a vida e a época de Olimpia de Gouges, unha muller adiantada á súa época.


Ningún comentario: