22/12/21

Exposición "Afonso X e Galicia"

 


No 2021, ano xacobeo, celebramos o 800 aniversario do nacemento de Afonso X (Toledo, 23 de novembro de 1221-Sevilla, 4 de abril de 1284), rei de Castela, León e Galicia (1252-1284).

Por todo iso, os departamentos de Xeografía e Historia, Música e Lingua Galega prepararon a exposición “Afonxo X e Galicia” no recibidor do centro educativo que se pode contemplar durante o mes de decembro. A Biblioteca facilitou o soporte documental así como bibliografía sobre Afonso X. Ademais o departamento de Informática colabou no deseño da mesma e no parcapáxinas conmemorativo



A relación do Rei Sabio coa nosa terra está longamente documentada, xa sexa desde a súa infancia, xa con respecto aos contenciosos que mantivo co cabido compostelán ou no relativo ás súas relacións literarias e persoais con trobadores galegos da súa época.

O monarca escolleu a lingua galega para a redacción das Cantigas de Santa María, un dos monumentos medievais máis importantes da lingua e da cultura galegas, así como da literatura e da música medievais europeas. A obra científica, xurídica, histórica e cultural afonsina foi clave para a estratexia internacional do seu proxecto político, o denominado fecho del Imperio, e para a súa relación co papado.




Os testemuños literarios do corpus mariano afonsino referidos a Galicia e á peregrinaxe compostelá son un documento inescusable para coñecer o pasado medieval galego, para a súa historia e para a súa cultura.

 Ademais alumnado do departamento de Música prepararon os seguintes vídeos:


Ningún comentario: