Xa chegaron ao noso centro as cartas
desde a trincheira que nos enviaron os alumnos e alumnas do CPI da Picota de Mazaricos. Eles e elas tamén formaron parte deste proxecto interdisciplinarentre as materias de Lingua Castelá e Historia.
A profesora Iria Collantes fixo de correo intercambiando as cartaas e mesmo montou a exposición in situ como vemos nas imaxes.
Foi unha ledicia para os dous centros implicados recibir as cartas de soldados, enfermeiras e médicos desde as trincheiras.Estas fotografías así o amosan. Unha maneira fermosa de compartir vivencias e sentimentos.
Grazas por todo ao 4º ESO de A Picota e aos 4º ESO do Afonso X O Sabio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario