08/03/23

8M: día da muller

 TODAS XUNTAS LOITANDO

        Este é un día sinalado no noso calendario como esencial para poder conseguir vivir nunha sociedade na que todo@ sexamos iguais. Para visibilizalo, vestimos o noso centro de morado.


        Para celebrarlo, preparamos actividades onde o eixo conductor é a muller. Na biblioteca o alumnado buscou información, por unha banda, de escritoras diversas e a súa relación co papel da muller e o feminismo e, por outra banda, científicas e o seu descubrimento ou invención importante para a humanidade. 

        O resultado final deste traballo de investigación foi extraordinario gracias á implicación da rapazada e podedes vir á biblioteca a velo.

         Ademais, crearon poemas colectivos no que queda reflectido o que queremos conseguir para o noso día a día

        Como xa é tradición no centro, montamos no vestíbulo un photocall para que todo o que quixese puidera inmortalizar esta celebración. fúchedes moitos alumnos e profesores os que viñechedes a facer a foto
     
        Ademais, puxemos tanto no vestíbulo como na biblioteca unha escolma de lecturas para conmemorar o 8m e podades entender que o feminismo é necesario en todos os ámbitos da nosa vida


        Moitas gracias a todo o alumnado e profesorado pola vosa implicación na celebración deste día, pero lembrade que loita pola igualdade continúa os 365 días do ano.

Ningún comentario: