CELEBREMOS A POESÍA
Onte chegou a primavera e hoxe celebramos o día mundial da poesía. É unha ocasión perfecta para homenaxear aos e ás poetas, ademais de promover a lectura e escritura deste xénero.
Como di a poeta Lúa Mosquetera, "a poesía é como esta casas/cíclica, recursiva, contante/reconforta e incomoda a partes iguais/A poesía é o lugar común no que estamos todos hoxe. Axúdanos a partillar todo aquilo que levamos gardado por vergonza ou por medo./A poesía é o logar ao que volver"
Esta sensibilidade é unha ensinanza fundamental que podemos conseguir gracias á líria. Por iso, este é un día especial para nós, no que organizáronse actividades de toda índole.
Tivemos o placer de contar coa poeta Estíbaliz Espinosa, que impartiu un obradoiro ao alumnado de 2º ESO para que non perdan a curiosidade e se acheguen á poesía sen prexuízos.
Desde o departamento de Lingua Castelá, os alumnos de 2º ESO realizaron unha exposición das súas creacións poéticas, Pasade polo vestíbulo para botar unha ollada a estes traballos tan creativos.
Desde o departamento de Lingua galega, aproveitando o bo tempo, plantaron poemas de Rosalía de Castro. Que importante é sementar poesía!
Ademais, temos algunha suxestión lírica para que podas levar para casa e así poñas un broche dourado á celebración da poesía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario