VEN A COÑECER A ANTONIO M. FRAGA
Dentro do programa Lectura e familias, no mes de xuño teremos a honra de poder compartir co escritor Antonio M. Fraga dúas sesións moi interesantes:
- O 6 de xuño na biblioteca intercambiaremos impresións co autor sobre a súa obra Santoamaro nunha mesa redonda, onde ademais falaremos de mocidade, de creación e de literatura familar.
- O 10 de xuño realizaremos na súa compañía un roteiro sensitivo cara Santoamaro desde o Campo da Leña ata a praia de Santo Amaro. O autor propóñenos unah viaxe intensa que percorrerá as sensación que os doce personaxes da súa obra acumularon ao longo do seu verán.
Desde a biblioteca, esperamos que esteades interesados e vos inscribades no seguinte formulario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario