22/05/23

Semana das letras

 SEMANA DAS LETRAS

        Con motivo do día das letras galegas, no centro celebramos a nosa cultura durante toda a semana por todo o alto, realizando multitude de actividades desde diferentes departamentos. 

        O alumnado de 1º ESO saíu co departamento de Bioloxía para coñecer a vexetación da ribeira e poder levar a cabo un proxecto para San Xoán.

       O alumnado de 2º ESO, gracias ao departamento de Educación Física, coñeceu e practicou xogos populares: a corda, os birlos, a chave ou o tiro de corda entre outros.

        No vestíbulo do centro, atopámonos coa exposición As palabras de don Paco, onde todo o alumnado de Secundaria presenta os seus traballos sobre a figura de Francisco Fernández de Riego.

        Tivemos o privilexio de asistir a un concerto do grupo QFB no noso salón de actos. Así a rapazada descubriu que existen bandas que mesturan sons da música tradicional galega con bases de rock, rap e hip-hop. Pasámolo xenial!


        Antes do gran fin de festa, tivemos dous concursos na biblioteca: "cada ovella coa súa parella" e o escape room das letras.

        O broche de ouro a semana das letras foi a celebración da III edición do Festival das letras que organizou o alumado de 4º ESO coordinados polo Departamento de Lingua Galega e literatura. 

         Este ano houbo moitos participantes, pero os gañadores foron:

    • Martín cun texto de elaboración propia sobre Fernández de Riego.
    • Lúa e Mateo cun recital poético acompanado de saxofón.
    • O agrupamento de 2ºESO C e D cunha versión de Antón Leivas.
    • Martín cunha interpreción a violín.
        Parabéns aos gañadores. Celebrade a nosa lingua todo o ano! Viva o galego!

Ningún comentario: