13/06/23

Fin de curso dos clubs de lectura

PECHE DOS CLUBS DE LECTURA POR VACACIÓNS!

        No día de hoxe festexamos por todo o alto que o curso chega ao seu fin cunha gran festa na biblioteca con gran parte do alumnado que forma parte dos diferentes clubs de lectura. Non había mellor forma de facelo que pasando tempo xuntos. Por vós, rompemos as normas e comemos dentro da biblioteca en boa compañía. Este foi un bo momento para poder intercambiar entre nós suxestións lectoras para o verán. xa tomamos boa nota delas 😉

        Ademais, como sabemos que non podedes estar sen facer nada, preparamos un obradoiro para facer a vosa propia varita máxica e outro de lettering para poder mellorar a presentacións dos vosos cadernos de lectura.


         Tamén, pasamos moi bos momentos probando todos os novos xogos que forman parte da ludoteca da biblioteca. Non hai mellor forma de saber se foron boa selección.



         Por último, para poder agradecervos a vosa implicación tanto no desenvolvemento das sesións dos clubs como nas actividades que plantexamos desde a biblioteca, queríamos facervos un agasallo para que vos lembredes de nós sempre que tomadedes unha bebida quente mentres que ledes.



        A vosa cara de felicidade é o que nos motiva para convertir a biblioteca de noso centro nun espazo vivo. Moitísimas gracias por todo. Desfrutade do verán e vémonos o próximo curso.

Ningún comentario: