A LOITA CONTINÚA
Este é un día sinalado no noso calendario como esencial. Temos que visibilizar a necesidade dunha sociedade feminista. Por iso, como é constume, vestimos o noso centro de morado.
Ademais, este ano preparamos actividades diversas onde o eixo conductor é a muller. Os alumnos de 3º ESO investigaron sobre escritoras desde o medioevo ata actualidade para darlles a visibilidade que merecen. O resultado final deste traballo de investigación forma parte da exposción Habelas hainas que podedes descubrir tanto á entrada da biblioteca como dentro.
Tamén levamos a cabo a campaña Le e entende na que se mostra una escolma de obras fundamentais para entender o feminismo e a súa importancia.
Por último, invitamos á toda a comunidade educativa e ás familias a ler máis mulleres endulzando a súa lectura cun agasallo para todos aqueles que levaron para a súa casa a obra dunha escritora.
Ademais, tal e como costume no centro, xuntámonos no vestíbulo para visibilizar que a loita continúa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario