23/04/24

23 abril: día do libro

 VIAXANDO COS LIBROS!

      Hoxe celebramos o día do libro como se merece xa que sempre está aí cando o necesitamos. Grazas a el, movémonos polo mundo sen saír da casa. Por iso, desde a semana pasada todos os membros da comunidade educativa afanámonos en renderlle a mellor homenaxe.

      Na entrada da nosa biblioteca montamos o noso Lerflix no que recollemos suxestións lectoras de todo tipo e que cambiaremos semanalmente ata rematar o curso.

      Ademais, o departamento de Lingua Castelá e Literatura traballou con todo o alumando as diversas manifestacións literarias que aparecen recollidas nos libros de viaxes e están expostas no vestíbulo, xunto cunha selección de libros de aventuras feita desde a biblioteca e que plantexan viaxes apasionantes que podedes vivir cada un de vós.



       Ademais, hoxe pola tarde celcebrouse a entrega de premios do XIX certame literario "Sea breve, por favor" coa actuación do coro e o alumnado de Música de 1ºBacharelato para amenizar a cerimonia.



      Podedes ler todos os microrrelatos gañadores e pasar pola Biblioteca a contarnos que vos parecen.

      Ademais, grazas ao departamento de Lingua Galega e ao esforzo do alumnado de 1º ESO, podemos desfrutar dunha minibiblioteca que construíron con moita paciencia e delicadeza. Esta serve de marco para presentar a exposición dos seus traballos Se fose un libro.




08/04/24

certame literario Xoán Díaz

 ESCRIBE E PARTICIPA!

       Convócase a XXX edición do certame literario Xoán Díaz . Podedes participar con escritos de poesía, narrativa breve e microteatro, todos eles orixinais en galego. Na seguinte ligazón podedes consultar toda a información relativa as bases e á inscripción. Tes ata o 30 de abril para animarte a presentar os teus textos.


06/04/24

Encontro con Andrea Maceiras

DE VIAXE POLO AMAZONAS CON ANDREA

    Onte tivemos a sorte de que a autora e antiga alumna do centro, Andrea Maceiras, visitara a nosa biblioteca para falar co alumando de 1º ESO e dos clubs de lectura sobre as  súas obras, desentrañando especialmente A folla azul. Grazas a iso, fixemos unha espectacular viaxe pola Amazonas. 

        Neste vídeo podedes experimentar parte desa viaxe:   

      Ademais, tivemos a oportunidade de compartir con ela  as nosas impresións sobre as temáticas que desenvolve nas súas obras, o seu proceso creativo e os seus gustos como lectora. Á rapazada encantoulles e xa preguntan se pode volver máis veces.

     Podedes pasar pola biblioteca a ver a exposicións dos xogos que crearon os alumnos de 1º ESO sobre esta obra de Andrea Maceiras. Menuda creatividade!



05/04/24

punto laranxa contra o acoso escolar

 CONTRA O ACOSO, O PUNTO LARAXA  

      Fai uns días estreamos no centro o punto laraxa contra o acoso escolar e o alumando de 2º de FP Básica fixo este vídeo para dalo a coñecer entre todo o alumnado. Agora xa sabes onde está. Non duidedes en utilizalo. Entre todos podemos evitar o acoso escolar.