DE VIAXE POLO AMAZONAS CON ANDREA
Onte tivemos a sorte de que a autora e antiga alumna do centro, Andrea Maceiras, visitara a nosa biblioteca para falar co alumando de 1º ESO e dos clubs de lectura sobre as súas obras, desentrañando especialmente A folla azul. Grazas a iso, fixemos unha espectacular viaxe pola Amazonas.
Neste vídeo podedes experimentar parte desa viaxe:
Ademais, tivemos a oportunidade de compartir con ela as nosas impresións sobre as temáticas que desenvolve nas súas obras, o seu proceso creativo e os seus gustos como lectora. Á rapazada encantoulles e xa preguntan se pode volver máis veces.
Podedes pasar pola biblioteca a ver a exposicións dos xogos que crearon os alumnos de 1º ESO sobre esta obra de Andrea Maceiras. Menuda creatividade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario