VIAXANDO COS LIBROS!
Hoxe celebramos o día do libro como se merece xa que sempre está aí cando o necesitamos. Grazas a el, movémonos polo mundo sen saír da casa. Por iso, desde a semana pasada todos os membros da comunidade educativa afanámonos en renderlle a mellor homenaxe.
Na entrada da nosa biblioteca montamos o noso Lerflix no que recollemos suxestións lectoras de todo tipo e que cambiaremos semanalmente ata rematar o curso.
Ademais, o departamento de Lingua Castelá e Literatura traballou con todo o alumando as diversas manifestacións literarias que aparecen recollidas nos libros de viaxes e están expostas no vestíbulo, xunto cunha selección de libros de aventuras feita desde a biblioteca e que plantexan viaxes apasionantes que podedes vivir cada un de vós.
Ademais, hoxe pola tarde celcebrouse a entrega de premios do XIX certame literario "Sea breve, por favor" coa actuación do coro e o alumnado de Música de 1ºBacharelato para amenizar a cerimonia.
Podedes ler todos os microrrelatos gañadores e pasar pola Biblioteca a contarnos que vos parecen.
Ademais, grazas ao departamento de Lingua Galega e ao esforzo do alumnado de 1º ESO, podemos desfrutar dunha minibiblioteca que construíron con moita paciencia e delicadeza. Esta serve de marco para presentar a exposición dos seus traballos Se fose un libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario