06/05/24

XXV aniversario

FESTEXAMOS O NOSO XXV ANIVERSARIO

     Todas as familias e a rapazada estades invitados a celebrar por todo o alto con nós o XXV aniversario do noso instituto. Para iso, temos preparado un fin de semana moi completo con actividades, obradoiros e exposicións de todo tipo. 


01/05/24

Que veñen as letras!

 QUE VEÑEN AS LETRAS!

       Aínda que o día das Letras Galegas é o venres 17 de maio, no centroimos adicarlle moito máis tempo á nosa cultura. Por iso, estanse a preparar moitas actividades que terán lugar neste mes e que culminarán coa celebración do IV Festival das Letras o xoves 16 de maio. Deixámos un pequeno adianto do que vos espera.


     Ademais, cada día do mes na biblioteca teredes unha novidade da nosa literatura no calendario Que veñen as letras!. Pasade todos os días a descubrilas



23/04/24

23 abril: día do libro

 VIAXANDO COS LIBROS!

      Hoxe celebramos o día do libro como se merece xa que sempre está aí cando o necesitamos. Grazas a el, movémonos polo mundo sen saír da casa. Por iso, desde a semana pasada todos os membros da comunidade educativa afanámonos en renderlle a mellor homenaxe.

      Na entrada da nosa biblioteca montamos o noso Lerflix no que recollemos suxestións lectoras de todo tipo e que cambiaremos semanalmente ata rematar o curso.

      Ademais, o departamento de Lingua Castelá e Literatura traballou con todo o alumando as diversas manifestacións literarias que aparecen recollidas nos libros de viaxes e están expostas no vestíbulo, xunto cunha selección de libros de aventuras feita desde a biblioteca e que plantexan viaxes apasionantes que podedes vivir cada un de vós.



       Ademais, hoxe pola tarde celcebrouse a entrega de premios do XIX certame literario "Sea breve, por favor" coa actuación do coro e o alumnado de Música de 1ºBacharelato para amenizar a cerimonia.



      Podedes ler todos os microrrelatos gañadores e pasar pola Biblioteca a contarnos que vos parecen.

      Ademais, grazas ao departamento de Lingua Galega e ao esforzo do alumnado de 1º ESO, podemos desfrutar dunha minibiblioteca que construíron con moita paciencia e delicadeza. Esta serve de marco para presentar a exposición dos seus traballos Se fose un libro.




08/04/24

certame literario Xoán Díaz

 ESCRIBE E PARTICIPA!

       Convócase a XXX edición do certame literario Xoán Díaz . Podedes participar con escritos de poesía, narrativa breve e microteatro, todos eles orixinais en galego. Na seguinte ligazón podedes consultar toda a información relativa as bases e á inscripción. Tes ata o 30 de abril para animarte a presentar os teus textos.


06/04/24

Encontro con Andrea Maceiras

DE VIAXE POLO AMAZONAS CON ANDREA

    Onte tivemos a sorte de que a autora e antiga alumna do centro, Andrea Maceiras, visitara a nosa biblioteca para falar co alumando de 1º ESO e dos clubs de lectura sobre as  súas obras, desentrañando especialmente A folla azul. Grazas a iso, fixemos unha espectacular viaxe pola Amazonas. 

        Neste vídeo podedes experimentar parte desa viaxe:   

      Ademais, tivemos a oportunidade de compartir con ela  as nosas impresións sobre as temáticas que desenvolve nas súas obras, o seu proceso creativo e os seus gustos como lectora. Á rapazada encantoulles e xa preguntan se pode volver máis veces.

     Podedes pasar pola biblioteca a ver a exposicións dos xogos que crearon os alumnos de 1º ESO sobre esta obra de Andrea Maceiras. Menuda creatividade!