29/04/09
Concerto na Biblioteca
Días atrás xa iniciamos a tempada de concertos na Biblioteca. Hoxe podedes ver a Alexandre Estalote a a Isabel de la Puente interpretando o "Vals de Amélie".
Labels:
Colaboracións,
Concertos da biblioteca,
Música,
Vídeos
23/04/09
Tintín regresou a casa
Tremenda ledicia ao ver no Bosque Animado as nosas figuras de Tintín e Milú que foran realizadas para unha exposición dos fondos en galego desta banda deseñada de Hergé.
Despois de dous anos de ausencia, de moitos quilómetros recorridos, de visitar outras dependencias educativas e cunha nova capa de pintura, regresou Tintín. Non sabemos recoñecerá a biblioteca como a súa casa... houbo tantos cambios...
Sabemos que O Segrel do Penedo do IES de Fene, acolleuno con moito cariño, case tanto que quixo quedar con el, pero é que “Como na casa en ningún lado”.
Tamén estamos moi contentos por compartir, por ver como outros centros aproveitan o noso traballo.
Por fin Tintín e Milú regresaron a casa. Benvidos!!!

21/04/09
Semana do Libro: Invadiunos o Terror
Do 20 ao 24 de abril o noso centro foi invadido polo TERROR como xeito de conmemorar o bicentenario da morte de Edgar Alan Poe.
Coa organización e coordinación do Departamento de Lingua e Literatura Castelá, organizáronse as seguintes actividades que supuxo a a implicación de varios departamentos didácticos:
-Exposicións bibliográficas no Salón de Actos e na Biblioteca
-IV Convocatoria do concurso de microrrelatos “Por favor, sea breve”.
-Lecturas na Biblioteca e nos idiomas orixinais de fragmentos de obras de terror: Maupassant, Poe, Bécquer.
-Exposicións de traballos do alumnado no recibidor.
-Exposicións temática sobre o cicne clásico de Terror no recibidor.
-Desenvolvemento dunha unidade didáctica sobre o relato de Terror.
-Edición dun xornal polo alumnado de 4º de P.D.C.
-Elaboración dunha guía de recomendacións de lecturas.
-Proxección de películas no Salón de Actos (El doctor Frankenstein, El resplandor)
-A Biblioteca recibiu a vista duns personaxes terroríficos.
Coma sempre, a resposta do alumnado: magnífica.
20/04/09
Finalistas do III Premio Espiral Edublogs 09

Biblioafonso, o blog da biblioteca "O Bosque Animado" vén de ser seleccionado como finalista nos III Premios Espiral Edublogs 09.
Toda unha honra compartir esta cualificación con magníficos blogs doutras bibliotecas escolares galegas.
18/04/09
Visitamos a Biblioteca Xabier P. Docampo
A rede municipal de bibliotecas do concello de Cambre é todo un exemplo do compromiso público pola lectura e o acceso gratuíto á información. Xa en Biblioafonso tivemos a oportunidade de entrevistar á súa directora, Ánxeles Roca.
Pois ben, aproveitando a proximidade da Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo, o alumnado de 1º da ESO A, dentro das actividades de Proxecto Interdisciplar que están centradas en dominar as técnicas de acceso á información, visitou esta biblioteca municipal ubicada na mesma urbanización do IES, A Barcala.
Grazas ás explicacións de Pilar, a directora desta biblioteca, o alumnado repasou a función da Clasificación Decimal Universal, dos rótulos nos lombos do libros e doutros documentos. Posteriormente, nos equipos informáticos fixeron prácticas de buscas no OPAC e de localización dos fondos.

Foi unha experiencia curta pero moi positiva. Moitas grazas Pilar.
Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo
R/ Río Gándara, 6-baixo esquerda.
Urb. A Barcala-Cambre.
Teléfono: 981 665 236
E-mail: bibliotecaxabierdc@cambre.org
Horario: De luns a venres, de 11:00 h a 13:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
Mércores de 16:00 h a 21:00 h.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)