A nosa comeza co propio instituto no ano 2000: equipamento da Consellería, fondos procedentes de doazóns, un ordenador. Dous cursos máis tarde, o equipo da biblioteca redacta un documento para avaliar a situación e deseñar o futuro deste servizo educativo imprescindible ao tempo que solicita do Consello Escolar unha partida orzamentaria extraordinaria para comezar a cambiar o mobiliario. A Concellería de Educación de Cambre aportaría unha partida semellante. Deste xeito adquirimos o revisteiro e os primeiros metros de andeis que xa cumprían os parámetros técnicos profesionais de calquera biblioteca. Comezamos a traballar a Formación e Usuarios e Usuarias, a Alfabetización Informacional, a Promoción da Lectura. A ANPA do centro apoiándonos en todo canto podía...
Posteriormente chegou o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia. Afortunadamente fomos seleccionados con outros 39 centros desde o primeira convocatoria (na actualidade o PLAMBE xa traballa con máis de dous centos centros de Galicia –tres deles de Cambre-) o que nos permitiu, ademais de ir actualizando a colección documental, ir completando o equipamento informático e de mobiliario. Desde a Dirección do centro facilitábase a dedicación horaria da persoa responsable e do Equipo da Biblioteca. Instalouse un canón de proxección...
A finais de 2008 o Ministerio de Educación concedeunos o Terceiro Premio de Boas Prácticas de Bibliotecas Escolares. Cos cartos deste premio cambios as mesas e as cadeiras, instalamos internet sen fíos, unha pantalla no teito, megafonía e algunha outra pequena modificación.
Tras case dez anos de traballo e ilusión podemos dicir con orgullo que a nosa comunidade educativa goza dunhas instalacións autenticamente bibliotecarias. Resta moito, moitísimo por facer (integración da biblioteca e dos seus recursos no proceso de ensinanza-aprendizaxe, desenvolvemento das competencias básicas, habilidades en ALFIN, integración da promoción lectora en todas as áreas coa coordinación da biblioteca, avaliación do servizo...) mais non será por ilusión e traballo que non as academos.
A gozar da vosa biblioteca.
17 comentarios:
Bos días e parabéns polo proxecto. qué bonitas son as mesas e cadeiras novas!!!
se necesitades colaboración, estou dispoñible... ;o)
un abrazo, Sira.
Unha fermosísima biblioteca tras da que se atopa un magnífico proxecto levado a cabo por un grupo de profesionais comprometidos coa súa labor docente.
Parabéns Toño polo voso bo facer.
Apertas dende Fene!!
Parabens por esa biblioteca fermosísima, onde se aprecia o gusto do bibliotecario polo deseño,os anos de traballo para clarificar e delimitar espacios,..un camiño que algúns ainda estamos empezando.
Biquiños dende Moaña
¡Qué mesas! ¡Qué sillas!¡Qué cambio! ¡Qué envidia! ¡Qué...! ¿Qué la disfrutéis y que la disfruten! ¡Enhorabuena!
Un abrazo, de una mesa racionalista.
Un modelo a seguir de bo gusto e funcionalidade que teríase que propagar como unha ráfaga.
Que a disfrutedes!!!
Saúdos dende Sanxenxo.
Pero...¿iso que vexo é unha biblioteca escolar? ¿ti non nos estarás enganado e poñendo unhas fotos dalgún catálogo? Uhmmmmm!!!
Por se fora certo que esa é de verdade a biblioteca escolar dun instituto da rede pública...PARABENS a quen perseguiu ese SOÑO ata acadalo.
Una biblioteca preciosa y muchas horas de trabajo detrás. Felicidades
A vosa comunidade educativa é unha privilexiada. Un exemplo para nós.
Parabéns desde Mos.
Preciosa biblioteca.
Xa diredes onde mercades esas mesas e sillas (envexa sana)
Un saúdo
María dende Viveiro
Parabéns pola nova biblioteca, agora toca gozar dela.
Dende San Martiño noraboa por esa fantástica Biblioteca. Solo vela xa fomenta á lectura...
"O Bosque Animado" é unha das Bibliotecas Escolares máis máxica e fermosa que coñecemos, así que podedes pasar por O Segrel a recoller ese recoñecemento.
Noraboa pola biblio. A disfrutala con marabillosas, tenras, esclarecedoras... lecturas!
Cada día está máis bonita, é preciosa, e sobre todo é marabilloso o traballo que facedes
Ánimo a esa biblio tan fermosa neste novo trimestre!!Saúdos dende o ceip Belesar.
Libros, espazos, luz e encanto en perfecta harmonía. Felicidades mericidas e apertas desde a Biblio do CEIP de Pazos.
A pesares da bromiña do correo, sabedes que aspiramos a ser coma vós. Parabéns para aqueles que teñen a cabeza tan ben "amueblada" como a súa biblio.
Publicar un comentario