Novo encontro do club de lectura de nais, pais e profesoras do Afonso X O Sabio. Hoxe comentamos a lectura deste mes, O xogo do escondite, unha obra de suspense psicolóxico dunha das escritoras máis significativas da novela negra, Patricia Highsmith.
Aínda que na obra desta autora non atopamos aos solitarios detectives ou inspectores de policía que protagonizaban as novelas lidas neste curso en "Negrísima", como Leo Caldas, Wallander ou Erlendur. Polas obras de Highsmith pululan personaxes amorais, estafadores ou asasinos que nunca son descubertos.
Peggy acábase de suicidar en Mallorca. O seu pai, Coleman, e o seu viúvo, Ray, teñen un encontro violento en Roma. Coleman culpa ao seu senro da morte de Peggy. Comeza unha persecución e un xogo macabro entre eles no que os canles e as rúas de Venecia convértense nuha trampa.
Na obra de Highsmith mestúranse a mentira, a culpa e as complexas relacións humanas. Así mesmo, Highsmith fai un retrato da opulenta sociedade americana fronte ao estrato social máis baixo, o dos pescadores venecianos que viven practicamente na miseria.
Agobiante novela que amosa a pasividade e superficialidade dunha clase adiñeirada e hedonista que viaxa á Europa nos anos 50 e 60.
Patricia Highsmith é autora de "Estranos nun tren", da serie de libros de Ripley e de obras como Carol, obras levadas con gran éxito ao cine.
1 comentario:
Muy entretenido el encuentro de ayer, aunque a mi no me gustó especialmente la novela si que me parece divertido e interesante compartir puntos de vista con vosotros.
Seguiré leyendo cosillas de Patricia Highsmith para quitarme esta espinita.
Publicar un comentario