18/03/24

17 de marzo: día do cómic

 A VIDA EN VIÑETAS 

      Hoxe celebramos o día do cómic coa esperanza de que cada vez máis as bandas deseñadas de todo tipo formen parte das vosas lecturas. Para o equipo da biblioteca este tipo de lecturas é fundamental para poder adentrarte en calquera temática cun linguaxe visual propio. Sen embargo, somos conscientes de que aínda quedan moitos prexuízos que romper con respecto ao mundo da banda deseñada. Por iso, organizamos diversas actividades nas que eixo central foi a creación e lectura de cómic.


       O alumnado de 2º ESO aprendeu da mán da profesora de Lingua Castelá e Literatura os elementos específicos da linguaxe do cómic, onde o visual ten tanta importancia (ou máis dependendo do caso) que o guion. Por iso, converteron en viñetas escenas cotidiás, coidando moito a elección de cores e a distribución das viñetas.



     Ademais, como entro o alumnado hai moito afecionado ao manga e o anime, na biblioteca fixemos a nosa especial homenaxe a Akira Toriyama (recentemente falecido). Inventamos novos personaxes partindo da cara do Goku, un dos presonaxes míticos de Akira.

      Dentro de proxecto Habelas hainas, na biblioteca preparamos unha exposición con autoras de banda deseñada para darlles máis visibilización nun mundo que se ten relacionado máis cos homes. Podedes pasar pola biblioteca a levar calquera destas recomendacións lectoras.

Ningún comentario: