POETÍZATE
Coa primavera, chega o día da poesía. Nesta ocasión, continuamos co proxecto Habelas hainas e na biblioteca fixemos unha exposición na que recollemos una escolma de poetas (Antía Otero, Luísa Villalta, Alba Cid, Dores Tembrás, Lúa Mosquetera...) que están no noso catálogo e que podedes levar con vós. Para nós, a poesía é un lugar seguro no que estar e ser.
Ademais, temos un concurso de recitado poético no que necesitamos a vosa axuda. Os finalistas están expostos na biblioteca co texto e un código QR que vos levará á declamación correspondente. Pasade pola biblioteca a votar o voso recitado favorito
Desde o Departamento de Lingua Castelá e Literatura, os alumnos de 3º ESO realizaron durante a semana pasada grafitis poéticos na biblioteca. Deste xeito unimos dous mundo que para a rapazada están moi lonxe, pero que descubriron que realmente non é así. Traballaron con grandes da poesía como Silvia Plath, Idea Vilariño, Pizarnik o Carolina Coronado y nuevos talentos como Lúa Mosquetera o Miriam Reyes.
Podedes pasarvos polo vestíbulo para poder ver todas as creacións poéticas e levar versos que están colgados como se fosen anuncios.
Desde o Departamento de Lingua Galega e Literatura, o alumnado creou pulseiras con versos de Luísa Villalta como primeira aproximación para celebrar a autora das Letras de este ano.
Por último, o alumnao de Oratoria tamén quixo celebrar este día elaborando diferentes vídeo poemas que deixamos a continuación para que desfrutedes deles.
Esperamos que con todo isto teñades moitas ganas de ler poesía. Aquí tedes algunhas ideas para que vos acheguedes ao mundo marabilloso da poesía:
Ningún comentario:
Publicar un comentario