24/06/24

Bo verán

 PECHADO POR VACACIÓNS

     

      Chegou a hora de pechar as portas da nosa biblioteca ata o próximo curso. Queremos dar as grazas a todo o alumnado, ás familias e a toda a comunidade educativa por converter a nosa biblioteca nun lugar vivo no que se fala, comparte e aprende sobre lecturas e a vida en xeral.
     Queremos facer unha mención especial a todo o alumnado que participou no programa de voluntariado na biblioteca. En setembro, poderedes recoller o voso diploma de acción voluntaria na biblioteca escolar.
      Ademais, como este verán decébranse os Xogos Olímpicos e a Eurocopa, fixemos unha última selección de lecturas deportivas para que desfrutedes da lectura en familia no voso tempo de lecer.


      Tamén podedes levar á praia ou á piscina os vosos libros en versión dixital grazas á plataforma ELBE.2


     Vémonos en setembro para compartir as vosas lecturas refrescantes e para todo o que queirades. A biblioteca espéravos cos brazos abertos. 😊

18/06/24

 PECHE DE OURO DOS CLUBS!

      No día de hoxe festexamos por todo o alto que o curso chega ao seu fin cunha gran festa na biblioteca con gran parte do alumnado que froma parte dos diferentes clubs de lectura. Por todos vós, rompemos as normas da biblioteca e comemos en boa compaña mentres falamos das lecturas deste ano e intercambiamos impresións. Tamén aproveitamos para poñer en común os libros que tiñamos pensado ler neste verán.




      Ademais, preparamos unha misión especial para eles: SALVAR A BIBLIOTECA. Todos eles tiveron que traballar en equipo para superar as oito probas de diversa índole (pocións, laberintos, cebracabezas, adiviñanzas, xogos de memoria, etc) e conseguir todas as letras que desactivaban a bomba que poñía en perigo a nosa querida biblioteca. Xa vos adiantamos que son marabillosos e todos os equipos conseguron chegar a tempo para salvala. Que sorte a nosa poder contar con vós!

      Despois de tantos nervios, tocou descansar un pouco para coller forzas. Mentres que vos dabamos as grazas pola vosa implicación neste curso repartimos bolsas máxicas que fixemos co programa Polos Creativos. Non sabemos se vos fixo máis ilusión o agasallo ou a posibilidade de enchelo de lecturas para o verán. Nese momento desatouse a emoción absoluta. Esperamos ansiosos setembro para poder compartir con vós todas as impresións das lecturas que levades para o voso tempo de lecer 😉




14/06/24

Roterio por Marineda

 ROTEIRO CON EMILIA POR MARINEDA

       No día de hoxe as familias que forman parte do club de adultos(dentro do programa Lectura e Familias) fomos percorrendo Marineda da man de Xulia Santiso tras a lectura da Tribuna de Emilia Pardo Bazán. Grazas a este roteiro pudemos sentirnos aínda máis adentro da obra pois sentíamonos como Amparito. Ademais, puidemos achegarnos a toda a obra desta escritora na que aparece Marineda reflectida con todo tipo de detalles. 
      Comezamos no Xardíns de San Carlos. Grazas a Xulia, tivemos o privilexio de ver as vistas desde o balcón do Archivo do Reino de Galicia. Alí coñecemos o Marineda na infancia de Emilia que era "un navío en cuyos cordajes y arboladura no cesaba de engolfarse, de silbar, de rugir, la furiosa ventolera"


      Despois, acercámonos á porta de Carlos V e Xulia contounos datos curiosos sobre a consideración que se tiña nesa época sobre o verdugo e sobre a propia porta. 


      Seguimos a nosa andaina ata chegar á igrexa de Santa María Magdalena para poder coñecer a historia dos adorantes que nos vixilan desde o pótico da igrexa. Tamén observamos a parte trasera da casa museo para poñernos na pel de Emilia cando miraba pola fiestra.


      A seguinte parada foi na entrada da casa museo Emilia Pardo Bazán. Por desgracia está en obras e non puidemos entrar, pero queda pendente para cando volva a estar aberta. Nela descubrimos a historia familiar de Emilia e serviunos para entender mellor o seu carácter único que rompeu moldes. Tamén afondamos a través dun discurso que dou Pardo Bazán en 1884 sobre a evolución da "Sociedade del Folk-lore Gallego" á Real Academia Galega.


     Abandonamos o "Barrio de Arriba" para pararnos na praza de María Pita pois "el páramo de Solares no divide a Marineda solo en lo físico, sino en lo moral también". Foi impactante ver fotografías da época nas que a praza non existía.


     Paseando chegamos ata Rego de Auga e teorizamos sobre cal era realmente a casa na que Emilia pasou os primeiros anos da súa vida.



     Continuamos facendo paradas no teatro Rosalía de Castro, nas galerías da Mariña. Despois, percorremos a rúa Real falando do circo de artesáns e do Sporting club Casino (chamado naquel momento "la pecera") ata que chegamos ao café Oriental e o hotel PAlace que funcionou ata 1967. Nese punto tamén estivemos a falar do paseo de Filas que tanto nos chamara a atención ao ler A Tribuna.


       O roteiro finalizaou aos pés do monumento a Emilia Pardo Bazán que está nos Xardín de Méndez Núñez. Allí puidemos observar como Emilia está mirando cara a cidade preparada para anotar coa súa pluma todo o que lle chame a atención. 



      Moitísimas grazas a Xulia por facernos tan ameno o percorrido por Marineda e compartir con nós tantos datos e anécdotas de Emilia. Estamos desexando profundizar na súa obra. 

12/06/24

As bibliotecas entenden

 ORGULLAMENTE LGTBIQ+



     Aínda que o día internacional do Orgullo LGTBIQ+ é o 28 de xuño, na biblioteca adiantamos a súa reinvidicación. Os integrantes do club de lectura fioxeron unha selección de lecturas que normalizan todas as realidades que na actuallidade algúns queren agochar. 
      Ademais,crearon xogos de todo tipo para achegarlles a toda a comunidade educativa ideais fundamentais para poder vivir nunha sociedade plural, empática e diversa.




07/06/24

Revisa na casa

 DEVOLVE OS LIBROS DA BIBLIOTECA!

         Revisa na casa se tes algún libro da biblioteca e, se é así, devólveo. 


        Non formes parte do listado de morosos. É imprescindible para o correcto funcionamento dos empréstitos da biblioteca que todos colaboremos.



     Ademais, cando os devolvas, podes aproveitar para coller lectura para este verán.

06/06/24

Xornadas de transición

 CON GANAS DE QUE FORMEDES PARTE DO NOSO CENTRO!

      No día de hoxe voñeron a visitarnos os nosos furuos alumanos do CEIP Portofaro e Wenceslado Fernández Flórez. Para que coñezan o que será o seu novo centro o curso prósimo organizáronse varias actividades nas que participou toda a comunidade educativa.
      Non hai mellor maneria para saber desenvolverse nas nosas instalacións que facer unha xincana ambientada no mundo pirata. Entre as diversas paradas que tiveron que facer para conseguir o tesouro, estivo a nosa biblioteca. Ademais da súa organización, tiveron que crear o tejuelo dunha obra de Robert L. Stevenson e despois localizar o libro nas estanterías.