18/06/24

 PECHE DE OURO DOS CLUBS!

      No día de hoxe festexamos por todo o alto que o curso chega ao seu fin cunha gran festa na biblioteca con gran parte do alumnado que froma parte dos diferentes clubs de lectura. Por todos vós, rompemos as normas da biblioteca e comemos en boa compaña mentres falamos das lecturas deste ano e intercambiamos impresións. Tamén aproveitamos para poñer en común os libros que tiñamos pensado ler neste verán.




      Ademais, preparamos unha misión especial para eles: SALVAR A BIBLIOTECA. Todos eles tiveron que traballar en equipo para superar as oito probas de diversa índole (pocións, laberintos, cebracabezas, adiviñanzas, xogos de memoria, etc) e conseguir todas as letras que desactivaban a bomba que poñía en perigo a nosa querida biblioteca. Xa vos adiantamos que son marabillosos e todos os equipos conseguron chegar a tempo para salvala. Que sorte a nosa poder contar con vós!

      Despois de tantos nervios, tocou descansar un pouco para coller forzas. Mentres que vos dabamos as grazas pola vosa implicación neste curso repartimos bolsas máxicas que fixemos co programa Polos Creativos. Non sabemos se vos fixo máis ilusión o agasallo ou a posibilidade de enchelo de lecturas para o verán. Nese momento desatouse a emoción absoluta. Esperamos ansiosos setembro para poder compartir con vós todas as impresións das lecturas que levades para o voso tempo de lecer 😉




Ningún comentario: