14/06/24

Roterio por Marineda

 ROTEIRO CON EMILIA POR MARINEDA

       No día de hoxe as familias que forman parte do club de adultos(dentro do programa Lectura e Familias) fomos percorrendo Marineda da man de Xulia Santiso tras a lectura da Tribuna de Emilia Pardo Bazán. Grazas a este roteiro pudemos sentirnos aínda máis adentro da obra pois sentíamonos como Amparito. Ademais, puidemos achegarnos a toda a obra desta escritora na que aparece Marineda reflectida con todo tipo de detalles. 
      Comezamos no Xardíns de San Carlos. Grazas a Xulia, tivemos o privilexio de ver as vistas desde o balcón do Archivo do Reino de Galicia. Alí coñecemos o Marineda na infancia de Emilia que era "un navío en cuyos cordajes y arboladura no cesaba de engolfarse, de silbar, de rugir, la furiosa ventolera"


      Despois, acercámonos á porta de Carlos V e Xulia contounos datos curiosos sobre a consideración que se tiña nesa época sobre o verdugo e sobre a propia porta. 


      Seguimos a nosa andaina ata chegar á igrexa de Santa María Magdalena para poder coñecer a historia dos adorantes que nos vixilan desde o pótico da igrexa. Tamén observamos a parte trasera da casa museo para poñernos na pel de Emilia cando miraba pola fiestra.


      A seguinte parada foi na entrada da casa museo Emilia Pardo Bazán. Por desgracia está en obras e non puidemos entrar, pero queda pendente para cando volva a estar aberta. Nela descubrimos a historia familiar de Emilia e serviunos para entender mellor o seu carácter único que rompeu moldes. Tamén afondamos a través dun discurso que dou Pardo Bazán en 1884 sobre a evolución da "Sociedade del Folk-lore Gallego" á Real Academia Galega.


     Abandonamos o "Barrio de Arriba" para pararnos na praza de María Pita pois "el páramo de Solares no divide a Marineda solo en lo físico, sino en lo moral también". Foi impactante ver fotografías da época nas que a praza non existía.


     Paseando chegamos ata Rego de Auga e teorizamos sobre cal era realmente a casa na que Emilia pasou os primeiros anos da súa vida.



     Continuamos facendo paradas no teatro Rosalía de Castro, nas galerías da Mariña. Despois, percorremos a rúa Real falando do circo de artesáns e do Sporting club Casino (chamado naquel momento "la pecera") ata que chegamos ao café Oriental e o hotel PAlace que funcionou ata 1967. Nese punto tamén estivemos a falar do paseo de Filas que tanto nos chamara a atención ao ler A Tribuna.


       O roteiro finalizaou aos pés do monumento a Emilia Pardo Bazán que está nos Xardín de Méndez Núñez. Allí puidemos observar como Emilia está mirando cara a cidade preparada para anotar coa súa pluma todo o que lle chame a atención. 



      Moitísimas grazas a Xulia por facernos tan ameno o percorrido por Marineda e compartir con nós tantos datos e anécdotas de Emilia. Estamos desexando profundizar na súa obra. 

Ningún comentario: