24/06/24

Bo verán

 PECHADO POR VACACIÓNS

     

      Chegou a hora de pechar as portas da nosa biblioteca ata o próximo curso. Queremos dar as grazas a todo o alumnado, ás familias e a toda a comunidade educativa por converter a nosa biblioteca nun lugar vivo no que se fala, comparte e aprende sobre lecturas e a vida en xeral.
     Queremos facer unha mención especial a todo o alumnado que participou no programa de voluntariado na biblioteca. En setembro, poderedes recoller o voso diploma de acción voluntaria na biblioteca escolar.
      Ademais, como este verán decébranse os Xogos Olímpicos e a Eurocopa, fixemos unha última selección de lecturas deportivas para que desfrutedes da lectura en familia no voso tempo de lecer.


      Tamén podedes levar á praia ou á piscina os vosos libros en versión dixital grazas á plataforma ELBE.2


     Vémonos en setembro para compartir as vosas lecturas refrescantes e para todo o que queirades. A biblioteca espéravos cos brazos abertos. 😊

Ningún comentario: