21/03/24

Encontro con Marilar Aleixandre

 ENCONTRO CON MARILAR ALEIXANDRE   

      No día de hoxe tivemos o pracer de poder conversar coa escritora Marilar Alexandre da súa obra As malas mulleres. O alumnado de Bacharelato (incluídos os integrantes dos clubs eclécticos) puido plantexarle todas as dúbidas que apareceron ao debatir sobre a súa obra e darlle a coñercer as súas impresións sobre a historia, a contextualización no século XIX e o seu estilo de escrita. Ademais, ela contounos multitude de datos curiosos sobre a cárcere de mulleres de A Coruña.

18/03/24

17 de marzo: día do cómic

 A VIDA EN VIÑETAS 

      Hoxe celebramos o día do cómic coa esperanza de que cada vez máis as bandas deseñadas de todo tipo formen parte das vosas lecturas. Para o equipo da biblioteca este tipo de lecturas é fundamental para poder adentrarte en calquera temática cun linguaxe visual propio. Sen embargo, somos conscientes de que aínda quedan moitos prexuízos que romper con respecto ao mundo da banda deseñada. Por iso, organizamos diversas actividades nas que eixo central foi a creación e lectura de cómic.


       O alumnado de 2º ESO aprendeu da mán da profesora de Lingua Castelá e Literatura os elementos específicos da linguaxe do cómic, onde o visual ten tanta importancia (ou máis dependendo do caso) que o guion. Por iso, converteron en viñetas escenas cotidiás, coidando moito a elección de cores e a distribución das viñetas.



     Ademais, como entro o alumnado hai moito afecionado ao manga e o anime, na biblioteca fixemos a nosa especial homenaxe a Akira Toriyama (recentemente falecido). Inventamos novos personaxes partindo da cara do Goku, un dos presonaxes míticos de Akira.

      Dentro de proxecto Habelas hainas, na biblioteca preparamos unha exposición con autoras de banda deseñada para darlles máis visibilización nun mundo que se ten relacionado máis cos homes. Podedes pasar pola biblioteca a levar calquera destas recomendacións lectoras.

11/03/24

8M

A LOITA CONTINÚA

      Este é un día sinalado no noso calendario como esencial. Temos que visibilizar a necesidade dunha sociedade feminista. Por iso, como é constume, vestimos o noso centro de morado.

      Ademais, este ano preparamos actividades diversas onde o eixo conductor é a muller. Os alumnos de 3º ESO investigaron  sobre escritoras desde o medioevo ata actualidade para darlles a visibilidade que merecen. O resultado final deste traballo de investigación forma parte da exposción Habelas hainas que podedes descubrir tanto á entrada da biblioteca como dentro.

       Tamén levamos a cabo a campaña Le e entende  na que se mostra una escolma de obras fundamentais para entender o feminismo e a súa importancia. 

          Por último, invitamos á toda a comunidade educativa e ás familias a ler máis mulleres  endulzando a súa lectura cun agasallo para todos aqueles que levaron para a súa casa a obra dunha escritora.    


        Ademais, tal e como costume no centro, xuntámonos no vestíbulo para visibilizar que a loita continúa.



21/02/24

Encontro con Dores Tembrás

 ENXERTANDO POESÍA NAS NOSAS VIDAS

       Hoxe foi un día moi especial para nós. Visitou a nosa biblioteca Dores Tembrás para falar de poesía co alumnado de 2º ESO e do club de lectura de 1º Bacharelato grazas ao MEC.

      Alicia, Natalia, Lucía e Carolina conduciron este encontro con gran maestría grazas ao análise que fixeran do último poemario de Dores (Enxertos) e a súa labor de documentación sobre a poeta e editora. Grazas a isto, coñecemos os pormenores da Dores lectora, poeta e editora e namoronos.

     Ademais, Dores iniciounos na creación poética no obradoiro de escrita creativa que fixo ao finalizar o encontro. Grazas a ela convertemos a lectura e escrita nun acto de rebeldía no que buscamos a nosa esencia poética.

19/02/24

Encontro con Dores Tembrás

ENCONTRO CON DORES TEMBRÁS 

     Esta mércores 21 de febreiro, grazas o programa do MEC Encontros literarios con autor@s, teremos a posibilidade de charlar de forma distendida con Dores Tembrás na biblioteca.


      Aquí tedes o videopoema que serviu de presentación do seu último poemario titulado Enxertos, que xa limos no club de lectura de Bacharelato e que está a vosa disposición na biblioteca para que o desfrutedes tanto coma nós.