23/4/10

Día do Libro: E ti para que les?






Este ano, o 23 de Abril vai ser un Día do Libro especial en moitas Bibliotecas Escolares Galegas.


Unha iniciativa que partiu do Club de Lectura Virtual de Implicadas e que chegou a nós a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares, espallouse por toda Galicia dun xeito extraordinario.


Neste momento xa somos 103 coles e institutos os "Implicandos" nun fermoso traballo colaborativo e compartido.A proposta consistía en respostar á pregunta PARA QUE LES? en non máis de 140 caracteres. Ao blog de Implicadas comezaron a chegar respostas que, coa autorización de todos os participantes, fomos recollendo e enmaquetando nuns fantásticos carteis obra de Jaime Eizaguirre Santillán, extraordinario arquitecto, debuxante, ilustrador... que nos agasallou cuns magníficos deseños. (Dende 2007 publica as súas viñetas en Ana + Eiza)


O obxectivo é que o día 23, portas e paredes dos nosos coles se enchan de fermosos comentarios que nos fagan reflexionar aos distintos membros das nosas comunidades educativas sobre os motivos que levan a xente coñecida, ou non, a ler. Motivos tan dispares e diversos como as persoas que participan nesta fermosa iniciativa que son moitas, pois moitos son os usuarios e amigos das bibliotecas escolares galegas.

A exposición no noso centro con máis de dúascentas respostas colocadas
(grazas Marina)


No traballo de deseño e recompilación destaron Loly, Olga e Charo. Moitas grazas compañeiras.

Texto vía O Segrel do Penedo.

Ademais Olga da Biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica elaborou a seguinte presentación con algunha das respostas:





2 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Un día ben especial para nós por un doble motivo. E que mellor que facelo compartindo iniciativas e falando de libros e lectura?
Apertas lectoras !!

olga dijo...

No camiño de animar a ler...hai algo millor que facelo de maneira compartida?