14/04/10

"La Ola", en cómic. ¿Tan alemáns...?




Temos na nosa biblioteca a versión en cómic da película relativamente recente "La Ola" (que tamén temos nós desde hai tempo). Sobre esa película e a súa base tomada... da realidade (esa cousa), Kar e o seu colaborador xa dixera algo fai tempo nalgún lugar, por se queres ver...



Un recorda a súa sensación como espectador da dita película. Non daba crédito: iso é o que hoxe hai que chamar "cine... alemán"? Aquelo parecía puro cine estadounidense; peor, televisión estadounidense: a musica de rap, os grafiteiros, a forma de vestir e de divertirse, a xerga, o interior do instituto e a actitude do alumnado... e as imaxes o o ritmo no que as tomas e planos agreden (sic) ao espectador (ou sexa: un). ¿ Onde está aquel cine alemán dos setenta, de Wenders, Fassbinder ou Herzog, no que se podía apreciar con pulcra exactitude o crecemento da herba, as procupacións metafísicas dos cerebros teutóns e as reflexións filosóficas sobre a esencia das "road movies" e da enerxía salvífica do rock´n´roll, regados con guións de Peter Handke ou citas schopenhauerianas?


Vale. Pois agora temos a versión en cómic desa película. Tamén moi americano, iso da posterior versión en viñetas da peli de éxito, queremos dicir. É un supoñía polo tanto atopar a versión chea dese estilo do comic-book estadounidense, con superheroes, planos imposibles e ritmo de vértigo, etc. Mais non. Se o cine alemán xa parece televisión norteamericana, o (pero é que existía?) cómic alemán parece... ¡"manga" de Xapón!


Deixémolo. Máis incompresnsible é este coctel americanomangueño que a dialéctica hegeliana nunha clase de segundo de bacahrelato a última hora da mañá. En calquera caso, deixando de lado a calidade ou falta de calidade deste album, si é certo que pode ter interese como punto de partida para unha reflexión acerca do totalitarismo e de se éste segue existindo como ameaza sobre nós, ou xa non. Aquí temos unha historia, en peli ou en cómic, que obriga a pensar algo nisto... Sorte.



Ningún comentario: