30/04/10

Celso Sanmartín, de novo, no centro


O mércores 28 de abril estivo no noso centro o contacontos (ou “dicidor” pensando en Uxío Novoneyra) Celso Sanmartín. É a segunda oportunidade que tivemos de gozar da súa presenza. Nesta oportunidade fixo dúas sesións diante duns 160 alumnos e alumnas.

A valoración é, coma sempre, moi positiva posto que a motivación e atención do alumnado foi extraordinaria: as caras eran dunha atención absoluta.












O ENDL e o Departamento de Galego do centro organizaron, a través da Biblioteca, outro ano máis esta actividade lúdica e motivadora para potenciar a expresión oral en galego. Dentro de dúas semanas organizarase un festival semellante pero esta vez estará protagonizado polo propio alumnado ao contaren as súas historias previamente escritas.

O cinema e a policía municipal en Lalín






1 comentario:

O Segrel do Penedo dixo...

Celso sempre extraordinario.
Parabéns!!