30/4/10

Celso Sanmartín, de novo, no centro


O mércores 28 de abril estivo no noso centro o contacontos (ou “dicidor” pensando en Uxío Novoneyra) Celso Sanmartín. É a segunda oportunidade que tivemos de gozar da súa presenza. Nesta oportunidade fixo dúas sesións diante duns 160 alumnos e alumnas.

A valoración é, coma sempre, moi positiva posto que a motivación e atención do alumnado foi extraordinaria: as caras eran dunha atención absoluta.












O ENDL e o Departamento de Galego do centro organizaron, a través da Biblioteca, outro ano máis esta actividade lúdica e motivadora para potenciar a expresión oral en galego. Dentro de dúas semanas organizarase un festival semellante pero esta vez estará protagonizado polo propio alumnado ao contaren as súas historias previamente escritas.

O cinema e a policía municipal en Lalín






29/4/10

O que estou lendo paréceme (XI): O señor Ibrahim e as flores do Corán



Eric Emmanuel Schmitt. O señor Ibrahim e as flores do Corán. Factoría K de libros, 2007

Este libro non é simplemente un libro, é unha guía para a vida de moa xente. Non é un libro que fomente o catolicismo nin as regras que a Igrexa ten pero iso é o que mellor me parece porque a xente, sexa católica ou non, non necesita normas , necesita valores e este libro ten unha morea deles que poden axudar ao mundo porque o mundo pódese cambiar empezando non polas institucións nin polo políticos senón por un mesmo.

Paréceme un libro moi ameno e emocionante. Cando empezas non podes parar, e, cando rematas, dáche mágoa non seguir lendo.

Creo que debería converterse no libro de cabeceira de moita xente porque nas súas 61 páxinas ten máis ensinanzas que en todas as leis e mandamentos de todo o país e relixión.
Lucía Cernadas, 1º ESO

28/4/10

Libros sobre Lectura

Como unha máis das actividades relacionadas co Día do Libro, a Biblioteca realizou unha selección de Libros sobre a Lectura que van desde o clásico de Michéle Petit ata as conclusións das últimas xornadas da Fundación Ruipérez sobre a Lectura en rede.



27/4/10

Programa ARCE: lendo poesía en Madrid

Un dos obxectivos do noso Programa ARCEA Biblioteca escolar como recurso documental e punto de lectura” é a viaxe do alumnado participante. Entre os días 27 e 30 de abril sete alumnos e alumnas de 3º da ESO e dúas docentes estarán en Madrid.


Dentro do plan de traballo, que non se vai describir aquí posto que o fará o alumnado cando regrese, destaca a lectura de poemas entre o alumnado participante (IES Vallecas Magerit e o IES Siglo XXI de Sevilla).


O noso alumnado lerá unha selección da poesía galega do século XX. A súa lectura irá acompañada por unha presentación cos poemas en castelán. Presentarán o traballo nun caderno que se inicia co poema en galego de Federico García Lorca “Madrigal á cibdá de Santiago”e que remata cunha cantiga de Afonso X O Sabio.





26/4/10

Día do Libro: Lengua y Literatura Castellana


Como en años anteriores, el departamento de Lengua Castellana y Literatura organizó una serie de actividades durante la semana del 19 al 23 de abril. En este curso el tema a desarrollar fue: “La literatura en el cine” con las siguientes actividades:

-Desarrollo en el aula de una unidad didáctica sobre Miguel Hernández, en 4º de ESO.
-Elaboración de un periódico, en 3º PDC, de ESO.

-Proyección de películas, dependiendo de los diferentes niveles, como Viaje al centro de la tierra, Óliver, Mucho ruido y pocas nueces, El nombre de la rosa, El bosque animado, entre otras.

-Exposición en el vestíbulo, sobre Literatura en el cine, que incluye información sobre autores de obras literarias, películas sobre ellas, directores de cine, y carteles y dibujos sobre las películas; en particular, de José Ramón Sánchez. Se organizó en tres apartados:
- Cine español. Los santos inocentes, La tía Tula, Locura de amor, El clavo, Marcelino Pan y vino, Bienvenido, mister Marshall, entre otras.
- Autores y obras literarias, por orden cronológico. Desde Homero, Poema del Cid, Lazarilo de Tormes, Cervantes, Shakespeare, pasando por Dumas, Tolstoi, Defoe, Sabatini, hasta Steinbech, Tenesse Williams, Faulkner o Umberto Eco.
- Homenaje a grandes directores. Nos centramos en William Wyler, Billy Wilder, Cecil B.de Mille,Victor Fleming, John Ford y Michael Curtiz.


-Exposición en el Salón de Actos de:
- Diferente material relacionado con el mundo del cine, como fotos y cromos de actores y directores, programas de mano de películas, álbumes de cromos o postales sobre actores, libros y figuras de actrices.

- Trabajo que ha elaborado el equipo de la Biblioteca del Centro:
-Folleto de Literatura e cine na nosa Biblioteca.
-Exposición de libros acompañados de las carátulas correspondientes a las
películas que se han basado en ellos.

-Acto el día 23, día del libro, a las 13:20. En el Salón de Actos, se concluyen las actividades de la semana con la entrega de los premios correspondientes al V concurso de relatos hiperbreves, en el que participan todos los alumnos del Centro, con un recital de poemas de Miguel Hernández, por parte de alumnos de 4º de ESO, y con la presentación del último trabajo de J. M. Serrat sobre los poemas de Miguel Hernández.

Los alumnos contribuyeron copiosamente al evento, además de en lo que hemos mencionado, en la confección de trabajos en cartulinas, que pueblan el vestíbulo, con datos sobre obras, películas, conocidas o preferidas por ellos.


23/4/10

Día do Libro: E ti para que les?






Este ano, o 23 de Abril vai ser un Día do Libro especial en moitas Bibliotecas Escolares Galegas.


Unha iniciativa que partiu do Club de Lectura Virtual de Implicadas e que chegou a nós a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares, espallouse por toda Galicia dun xeito extraordinario.


Neste momento xa somos 103 coles e institutos os "Implicandos" nun fermoso traballo colaborativo e compartido.A proposta consistía en respostar á pregunta PARA QUE LES? en non máis de 140 caracteres. Ao blog de Implicadas comezaron a chegar respostas que, coa autorización de todos os participantes, fomos recollendo e enmaquetando nuns fantásticos carteis obra de Jaime Eizaguirre Santillán, extraordinario arquitecto, debuxante, ilustrador... que nos agasallou cuns magníficos deseños. (Dende 2007 publica as súas viñetas en Ana + Eiza)


O obxectivo é que o día 23, portas e paredes dos nosos coles se enchan de fermosos comentarios que nos fagan reflexionar aos distintos membros das nosas comunidades educativas sobre os motivos que levan a xente coñecida, ou non, a ler. Motivos tan dispares e diversos como as persoas que participan nesta fermosa iniciativa que son moitas, pois moitos son os usuarios e amigos das bibliotecas escolares galegas.

A exposición no noso centro con máis de dúascentas respostas colocadas
(grazas Marina)


No traballo de deseño e recompilación destaron Loly, Olga e Charo. Moitas grazas compañeiras.

Texto vía O Segrel do Penedo.

Ademais Olga da Biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica elaborou a seguinte presentación con algunha das respostas:





22/4/10

Tecnoloxía ou metodoloxía

Unha biblioteca escolar só será realmente merecedora dese nome cando a súa comunidade educativa emprege múltiples recursos documentais no seu traballo cotiá. É máis metodoloxía ca tecnoloxía, ou non?


20/4/10

ARCE: concurso de anagramas

Como unha máis das actividades do Programa ARCE que desde a Biblioteca e en colaboración cos IES Vallecas Magerit de Madrid e o Siglo XXI de Sevilla desenvólvese durante o presente curso escolar e o próximo, realizouse nas últimas semanas un concurso de anagramas para identificar a imaxe corporativa do proxecto nos centros participantes.

A colaboración do alumnado, coa coordinación do departamento didáctico de Plástica, foi magnífica. A cantidade e calidade dos seus traballos foi extraordinaria. Cada centro participante fará unha exposición para visualizar, aínda máis, o Programa, en cada Comunidade Educativa.

Cada Instituto seleccionou tres propostas que foron remitidas aos outros dous. Así mesmo, cada centro educativo valorou de 1 a 6 os traballos presentados polos outros dous IES. O resultado foi o seguinte.





1º Premio Francisco Fernández


Así o explica o seu autor:


O deseño dun logo non resulta nada sinxelo. Malia o que poida parecer, un logo garda amplos e variados significados dentro da súa simplicidade. O traballo de deseño non resultou doado, xa que o meu logo debía transmitir unha serie de ideas difíciles de recoller nunha única composición.


O meu obxectivo era deseñar un logo para o programa Arce. Debía transmitir todas as ideas esenciais do que significaba este proxecto. Mediante as siluetas das figuras, a súa disposición e as súas cores intentei transmitir a idea de que a biblioteca pode ser un punto de reunión para xente nova. A idea da biblioteca como recurso documental, tamén de gran importancia, está recollida no meu anagrama. Finalmente, algo que non podía faltar era a representación da unión entre as bibliotecas madrileña, andaluza e galega, que representei mediante tres circulos disposotos ao pé do texto. Este texto debia formar parte obrigatoriamente da composición, as palabras “Programa Arce”.










2º Premio con Sergio Galán



3º Premio Victoria Trabazo




A partir de agora, a proposta gañadora será reflectida na documentación elaborada e a que se elabore no futuro así como servirá de imaxe corporativa para todo o relacionado co noso Proxecto “A biblioteca Escolar como recurso documental e punto de encontro A próxima actividade a realizar será, ademais dos contactos na rede ning, a reunión conxunta de alumnado e profesorado, entre os días de abril, no IES Vallecas Magerit: poesía, gimkhana cultural, visita ao Madrid das Letras, á Casa de Lope de Veiga, ao Museo do Prado, ao teatro.

Parabéns aos alumnos e alumnas premiados e moitas grazas a todos os participantes.

19/4/10

Preparando o Día do Libro

Hoxe toca ir rematando o todo o relativo á celebración do Día Mundial do Libro.

15/4/10

Slumdog millionaire


Maquillada con una preciosa historia de amor, Slumdog millionaire trata del sueño de muchos habitantes de Mumbai: salir de la pobreza gracias a un famoso concurso de televisión...


La película narra la vida del joven Jamal Malik; un niño que se queda huérfano a muy temprana edad con la única compañía de su hermano. Juntos aprenden a sobrevivir robando y engañando a la gente, pero también caen en las manos de una mafia, y ya más mayor, consigue un puesto en una empresa de telecomunicaciones. Por medio de las vivencias de este joven, se ve la realidad de uno de los países más poblados del planeta y devastados por la pobreza.


No puedo dejar de recomendar esta película a todo el mundo. Tanto a los amantes del cine, como a los demás. El film está galardonado con varios premios, en mi opinión, muy merecidos.Además, algunos niños actores eran realmente niños de las calles, y se utilizan como decorados las mismas calles de Mumbai."


Giselle Hirwa 1º Bacharelato



14/4/10

"La Ola", en cómic. ¿Tan alemáns...?




Temos na nosa biblioteca a versión en cómic da película relativamente recente "La Ola" (que tamén temos nós desde hai tempo). Sobre esa película e a súa base tomada... da realidade (esa cousa), Kar e o seu colaborador xa dixera algo fai tempo nalgún lugar, por se queres ver...



Un recorda a súa sensación como espectador da dita película. Non daba crédito: iso é o que hoxe hai que chamar "cine... alemán"? Aquelo parecía puro cine estadounidense; peor, televisión estadounidense: a musica de rap, os grafiteiros, a forma de vestir e de divertirse, a xerga, o interior do instituto e a actitude do alumnado... e as imaxes o o ritmo no que as tomas e planos agreden (sic) ao espectador (ou sexa: un). ¿ Onde está aquel cine alemán dos setenta, de Wenders, Fassbinder ou Herzog, no que se podía apreciar con pulcra exactitude o crecemento da herba, as procupacións metafísicas dos cerebros teutóns e as reflexións filosóficas sobre a esencia das "road movies" e da enerxía salvífica do rock´n´roll, regados con guións de Peter Handke ou citas schopenhauerianas?


Vale. Pois agora temos a versión en cómic desa película. Tamén moi americano, iso da posterior versión en viñetas da peli de éxito, queremos dicir. É un supoñía polo tanto atopar a versión chea dese estilo do comic-book estadounidense, con superheroes, planos imposibles e ritmo de vértigo, etc. Mais non. Se o cine alemán xa parece televisión norteamericana, o (pero é que existía?) cómic alemán parece... ¡"manga" de Xapón!


Deixémolo. Máis incompresnsible é este coctel americanomangueño que a dialéctica hegeliana nunha clase de segundo de bacahrelato a última hora da mañá. En calquera caso, deixando de lado a calidade ou falta de calidade deste album, si é certo que pode ter interese como punto de partida para unha reflexión acerca do totalitarismo e de se éste segue existindo como ameaza sobre nós, ou xa non. Aquí temos unha historia, en peli ou en cómic, que obriga a pensar algo nisto... Sorte.



12/4/10

O que estou a ler paréceme (X)...: Una mujer en Berlín


Anónima. Una mujer en Berlín. Anagrama, 2005

Una mujer en Berlín nos presenta una perfecta descripción de cómo transcurrió la vida de los ciudadanos comunes durante los últimos días de la Segunda Guerra Mundial en la capital alemana. Esos días en los que los soldados del Ejército Ruso se asentaron en la ciudad. Esa semana en la que más de 110.000 berlinesas fueron violadas. Esa semana en la que los hombres alemanes permanecieron escondidos, temerosos, protegidos por las mujeres que les conseguían comida.

La autora – anónima- escribió aquel diario desde el 20 de abril hasta el 22 de junio de 1945. Alejada de cualquier tipo de prejuicios o sentimientos, narra todos aquellos hechos con increíble objetividad, reflejando la galopante transformación de los ciudadanos comunes durante aquellos días de convivencia en los improvisados refugios antiaéreos y, más tarde, en la reorganización de la vida en una ciudad completamente destruida, arrasada por la guerra.

Excepcional libro, que nos permite adentrarnos en un lado de la guerra del cual no existe demasiada información. El lado en el que las mujeres dieron la cara y no dejaron que la situación se apoderara de ellas. El lado en el que los hombres se convirtieron en el sexo más débil.

Uno de los tantos libros que no deberíamos dejar de leer, no sólo por su valor histórico, sino también por su increíble valor literario. Una obra maestra, sin lugar a dudas.


Mª Rosa Rodríguez Ramírez. 1º Bacharelato

9/4/10

Mankell: El ojo del leopardo

O escritor sueco Henning Mankell, o grande especialista europeo na literatura policíaca co seu inspector Kurt Wallander, vén de publicar en España El ojo del leopardo. Editada por Tusquest na súa colección Andanzas é toda unha reflexión sobre a evolución de Africa, sobre o seu proceso de independencia e de como os europeos adoitamos ver ese continente. Toda unha revelación. Lede, senón, o seguinte parágrafo onde podemos confrontar dúas visións radicalmente distintas da realidade:

Un africano que está sentado en la escalera que conduce a su habitación le mira a pasar.

-Soy Joseph, Bwana –se presenta-. Voy a vigilar junto a tu puerta.

-¿Quién te ha dicho que te sientes aquí?

-Los misioneros, Bwana.

-¿Por qué?

-Por si ocurre algo, Bwana.

-¿Qué iba a ocurrir?

- En la oscuridad pueden ocurrir muchas cosas, Bwana.

- Qué puede ocurrir?

-Eso se sabe cuando ocurre, Bwana.

-¿Qué ha pasado antes?

-Siempre pasan muchas cosas, Bwana.

-¿Cuánto tiempo vas a estar aquí sentado?

-Estaré aquí mientras Bwana esté, Bwana.

-¿Cuándo duermes?

-Cuando hai tiempo, Bwana.

-Sólo hay noche y día.

-A veces se producen otros tiempos, Bwana.

¿Qué haces mientras estás aquí sentado?

-Espero a quew ocurra algo, Bwana.

-¿Qué puede ocurrir?

-Eso se sabe cuneado ocurre, Bwana.”

Páx. 102.

Henning Mankell. El ojo del leopardo. Barcelona, Tusquets (trad. Francisca Jiménez) 2010.

Na web da editorial podederes acceder a unha sipnose, a notas biograficas e unha lectura breve do texto. Máis información no blog El placer de la lectura.

7/4/10

Novas películas

Chegaron novas películas aos fondos da Biblioteca: En el mundo a cada rato, Mucho ruido y pocas nueces, Slumdog Millionarie ¿Quién quiere ser millonario?, Viaje al centro de la Tierra, Ágora, En busca de la felicidad, Fucking amal, Michael Clayton, Rosas rojas, La ola, Escuela de rock, Love actually.



SLUMDOG MILLONAIRE
Un cativo vai a gañar 10 millóns de rupias nun concurso da televisión india. Pero un día antes é detido pois sospeitan que fai trampa, a súa nula formación escolar non cadra cos seus coñecementos. Na noite da detención terá que demostrar o que sabe e como conqueriu eses coñecementos. Descubre si iso é posible, como se pode conquerir


ÁGORA
Nos seus inicios o cristianismo tivo que loitar contra outras crenzas e mesmo contra a ciencia. En Exipto a busca da razón ten que defendela Hypatia, unha profesora de filosofía e astronomía que loitará ata as últimas consecuencias. Atrévete a ver a relixión dende outra perspectiva.



VIAXE O CENTRO DA TERRA
Os soños son difíciles de reflectir, pero neste caso están a piques de converterse en realidade. Ista é unha película que recorre a todo tipo de efectos especiais para mostrarnos a aventura narrada por Jules Verne da forma mais precisa posible. Non te perdas a posibilidade de intentar chegar ao centro da terra en tres dimensións.



3/4/10

Un paseo polo universo

Hai apenas unhas semanas, o Museo Americano de Historia Natural colgou na rede este espectacular vídeo, unha reconstrución informática que mostra unha "viaxe" desde a superficie da Terra ata os límites do universo coñecido. É dos mellores sobre o tema. Case dous millóns de persoas vírono xa na web do museo, pero en España este excepcional traballo segue sendo practicamente descoñecido. O que fai que este vídeo sexa diferente aos que se fixeron ata agora é que todo está baseado en datos reais. É unha auténtica reconstrución de todo o que sabemos sobre o universo. Todo, desde as traxectorias dos satélites que orbitan a Terra, ata a posición de todas as estrelas, galaxias ou lejanísimos quasares, está baseado nos datos que temos sobre eles. Ou sexa nos datos do Sloan Dixital Sky Survey, que compón a visión máis completa do universo de que dispomos. A pesar diso, e debido á posición xeográfica na que se atopa o telescopio de dous metros e medio do Apache Point Observatory, en Novo México, que é o que utiliza o Sloan Dixital Sky Survey, existen zonas "escuras", é dicir, áreas do universo que o telescopio fisicamente non pode observar. Por iso, no vídeo, a distribución das galaxias observadas ten a forma de dous conos unidos pola punta (o punto de unión é a Terra), e o resto aparece en negro.

O traballo comprende case un millón de galaxias e máis de 120.000 quasares. A viaxe, que comeza no Himalaia, termina no límite mesmo do que podemos observar cos instrumentos máis potentes de que dispomos, os ecos do Big Bang, a 13.700 millóns de anos luz de distancia, e serve para que nos deamos conta, de forma directa e visual, do insignificantemente pequeno que é o noso mundo, ata a nosa galaxia, se se compara con todo o que hai "aí fóra"...




Lembrade que na Biblioteca hai moitos libros e varios dvds sobre a astronomía e o universo.

1/4/10

A frase do mes: Guadalupe Jover



"Un dos retos actuais da educación literaria é conciliar o pracer da lectura e o ensino da literatura, conseguir que esta última sirva para ensanchar -e profundar- as posibilidades de goce dos textos literarios. Tanto como ancorarnos nunha determinada tradición cultural, o ensino da literatura debese desenvolver as nosas competencias lectoras, complementar a nosa competencia comunicativa e iluminar a nosa vida máis aló das aulas; abrindo fecundas posibilidades para o noso tempo de lecer e despertando unha conciencia crítica que unha a lectura da palabra á lectura do mundo".

Guadalupe Jover. Un mundo por leer. Educación, adolescentes y literatura. Barcelona, Octaedro, 2007. Páx. 19