Esta semana, Biblioafonso, o blog da biblioteca O Bosque Animado fai os seus tres primeiros anos de vida. No presente curso superaremos a media dos anos anteriores de 80 artigos por curso o que supón máis de tres entradas á semana. Ademais os blogs do Club de Lectura O Bosque Animado están máis vivos ca nunca (case 100 post)
Este curso Biblioafonso estase caracterizando polas novidades:
Este curso Biblioafonso estase caracterizando polas novidades:
-na redacción das entradas coa participación do alumnado,
-na organización do blog con máis ligazóns de carácter documental e divulgativo,
-Twitter,
-a canle en Youtube e,
-esta semana do aniversario, o noso Facebook.
Mais se estamos realmente contentos é por participar na rede colaborativa extraordinaria das Bibliotecas Escolares Galegas, tanto dos pequechos e dos grandes que diría unha amiga .
9 comentarios:
Parabéns por ese magnífico traballo no que tantas veces nos tivemos que mirar e co que tanto camiñamos da man.
E Deus dea sempre AMIGOS, e por suposto con maiúsculas como vós cos que seguir facendo este fantástico camiño de extraordinario traballo colaborativo e compartido.
Parabéns!!
Grazas amigo e amiga, exemplos ambolosdous de magnífico traballo.
Eh, que eu non quero faltar á festa de cumple esta, ou sexa que tamén quero un sitio para felicitar a este compañeiro tan querido e imprescindible.
Moitos máis
Per molts anys!
Parabéns por un traballo que medra incansábel e de calidade
Únome aos parabéns polo terceiro aniversario e por tan bo traballo.
Unha aperta dende o CEIP de Andrade en Pontedeume.
Y digo yo, ya que estáis que tiráis la biblioteca por la ventana en este Tercer aniversario, ¿no te sobrarán unas mesas y unas sillas?
¡Felicidades!
Desde Bibliocabe
Felicidades e para que cumprades moitos máis. Ah encántame a idea dos anacos e frechazos. Sodes moi bos,pero que moi bos....
Publicar un comentario