04/02/22

Negrísima: Ollos de auga

      

 

    Ollos de Auga, de Domingo Villar (2006) - O Xornalismo está nos Bares

Esta semana asistimos  a unha nova xuntanza do club de lectura de pais, nais e profes dedicado á novela negra. A lectura deste mes foi Ollos de auga, unha novela policíaca de Domingo Villar que se desenvolve na cidade de Vigo e a súa contorna. 

Da man do inspector Leo Caldas e o seu axudante Estévez percorremos as rúas e prazas da cidade olívica así como nos desprazamos a Bueu e a praia de Lapamán.

O solitario e reflexivo inspector Caldas resolve en poucos días, grazas a súa intuición, o asasinato dun saxofonista. 

No club de lectura comentáronse elementos  moi presentes na novela: a climatoloxía galega (as néboas, a choiva, a humidade), o plomizo mar,  a gastronomía propia do país (as luras do Elixio, por exemplo) e a idiosincrasia característica da nosa terra. Tamén dedicouse un anaco á figura protagonista: o solitario e reflexivo Leo Caldas.

 Así mesmo, a  música é un elemento moi presente na novela. O tema I love my man de Billie Holiday  acompáñanos nos momentos clave da obra pechando o capítulo final. 

Non te perdas esta entrevista a Domingo Villar. Nesta, o autor, transmítenos como as pescudas policíacas das súas novelas son a excusa para amosar aos lectores  as relacións humanas, os sentimentos, o novo papel da muller ou a vellez. Son temas moi presentes na obra deste autor afincado en Madrid e que escribe con morriña de Galicia.

https://view.genial.ly/61f5a14cb021450012aeff3a/interactive-conEntrevista con Domingo Villar

               El último barco' del vigués Domingo Villar, mejor novela negra española del  año - Faro de Vigo






29/01/22

Lectura, historia e cine

              VIVA LA REVOLUCION | ROCIO RUEDA | Casa del Libro        Viva la revolución (primeras páginas)                                                 

Se vos apetece viaxar no tempo á época da Revolución francesa, podedes facelo da man dunha lectura moi especial: "Vila la revolución" da autora Rocío Rueda.

No libro cóntase a historia da xoven raíña austríaca que ten que trasladarse a Versalles tras o seu obrigado casamento co futuro rei Luís XVI nunha época na que se fragua á revolución. 

María Antonieta vive nun ambiente de luxo e superficialidade fronteá frialdade do seu esposo e a paixón do seu romance. 

Por outro lado, o libro cóntanos a historia de Batián e Lucile, dous personaxes  que pasan necesidades nas rúas de París fronte ao ambiente de riqueza da corte francesa.

Desde a materia de Xeografía e Historia de 4º ESO, abordamos e figura da raíña María Antonieta como referente do Antigo Réxime. 

As alumnas Ainhoa Santiso de 4º ESO D e Celia Fernández e Nerea Díaz, de 4º ESO C, expuxeron a súa historia a través do visionado da película "María Antonieta". O filme da directora  Sofía Coppola, protagonizado por Kirsten Dunst  no papel da raíña, podedes atopalo a partir desta semana na biblioteca do noso centro. 

Na imaxe: Exposición de Ainhoa na clase de 4º ESO C.  Abaixo, un visual thinking creado pola alumna para contarnos o argumento da película.

                       

                       

Desfrutade da lectura e da película!

22/12/21

Exposición "Afonso X e Galicia"

 


No 2021, ano xacobeo, celebramos o 800 aniversario do nacemento de Afonso X (Toledo, 23 de novembro de 1221-Sevilla, 4 de abril de 1284), rei de Castela, León e Galicia (1252-1284).

Por todo iso, os departamentos de Xeografía e Historia, Música e Lingua Galega prepararon a exposición “Afonxo X e Galicia” no recibidor do centro educativo que se pode contemplar durante o mes de decembro. A Biblioteca facilitou o soporte documental así como bibliografía sobre Afonso X. Ademais o departamento de Informática colabou no deseño da mesma e no parcapáxinas conmemorativo



A relación do Rei Sabio coa nosa terra está longamente documentada, xa sexa desde a súa infancia, xa con respecto aos contenciosos que mantivo co cabido compostelán ou no relativo ás súas relacións literarias e persoais con trobadores galegos da súa época.

O monarca escolleu a lingua galega para a redacción das Cantigas de Santa María, un dos monumentos medievais máis importantes da lingua e da cultura galegas, así como da literatura e da música medievais europeas. A obra científica, xurídica, histórica e cultural afonsina foi clave para a estratexia internacional do seu proxecto político, o denominado fecho del Imperio, e para a súa relación co papado.




Os testemuños literarios do corpus mariano afonsino referidos a Galicia e á peregrinaxe compostelá son un documento inescusable para coñecer o pasado medieval galego, para a súa historia e para a súa cultura.

 Ademais alumnado do departamento de Música prepararon os seguintes vídeos:


08/12/21

10-D: Día dos Dereitos humanos

                                https://historiaycomic.files.wordpress.com/2014/09/libro-olympe-de-gouges.jpg

 

O vindeiro venres 10 de decembro conmemoramos o Día dos Dereitos Humanos. Tal día coma este, no ano 1948, a Asamblea Xeral da ONU proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.  Foi, tras os horrores vividos na II Guerra Mundial, cando viuse a necesidade de protexer os dereitos fundamentais das persoas no mundo enteiro. 

Este ano, no noso IES,  conmemoramos o Día dos Dereitos humanos a través da figura de Olimpia de Gouges.

Olimpia de Gouges tivo un papel sobresaínte durante a Revolución francesa. Redactou a Declaración dos Dereitos da Muller  e da Cidadá en 1791 seguindo o modelo da Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán dese mesmo ano, pero incluíndo á muller. 

Olimpia de Gouges considérase a primeira feminista da historia xa que no seu texto busca a igualdade de homes e mulleres. 

Olympe de Gouges, femme engagée, esprit libre

Cando casou, negouse a levar o apelido do seu home, Así mesmo, foi unha gran defensora da abolición da escravitude e mostrouse contraria á pena de morte. As súas ideas a levaron á guillotina durante o goberno de Robespierre e os xacobinos. 

Seguro que vos resulta interesante ler a novela gráfica de Catel e Boquet que recrea a vida e a época de Olimpia de Gouges, unha muller adiantada á súa época.


30/11/21

Novela negra desde Islandia

 


Esta tarde tivo lugar a primeira sesión de "Negrísima" dedicada á novela negra nórdica. "La mujer de verde" de Arnaldur Indridasson foi o libro co que iniciamos o itinerario lector deste curso. 

Nais, pais e docentes do IES Afonso X O Sabio reunímonos na biblioteca do centro para analizar e desmenuzar a trama desta novela que se desenvolve polas rúas da Reiquiavic. A partir do descubrimento duns ósos no barrio do Milenario, o pasado e o presente entremézclanse no caso que debe resolver o detective Erlendur Sveinson xunto aos seus axudantes Elinborg e Sigurdur Oli.

Os membros do clube resaltaron a paisaxe xélida e hostil  sempre presente na obra así como o fenómeno das ventiscas... Sabedes que gran parte da poboación de Islandia ata hai uns anos tiña algún coñecido ou familiar que desapareceu nunha vestisca de neve?

A través do seguinte vídeo podemos imaxinarnos os diferentes escenarios onde transcorre a acción na que o maltrato, a violencia e os "asasinatos de almas" están moi presentes. Grazas ao poeta galego afincado en Islandia Elías Portela alias Elias Knorr, foron posibles estas imaxes:


E de Islandia á ría de Vigo. O seguinte título de "Negrísima" será "Ollos de auga" do autor galego Domingo Villar. 

Vémonos  o último martes de xaneiro a partir das 18.15 h na biblioteca do IES Afonso X O Sabio. 

Grazas pola vosa participación!